Saltar ao contido

Adolfo Merelles Martel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdolfo Merelles Martel
Biografía
Nacemento1883 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de xaneiro de 1962 Editar o valor en Wikidata (78/79 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAdolfo Merelles Caula Editar o valor en Wikidata

Adolfo Merelles Martel, nado en Madrid en 1883 e finado na mesma cidade o 16 de xaneiro de 1962[1], foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Adolfo Merelles Caula, dono do Pazo de Porteliña en Beariz. Foi elixido deputado polo distrito de Ribadavia nas eleccións de 1910. Participou na Asemblea Agraria de Ribadavia (1912) e fundou en 1913 o periódico agrarista Heraldo de Galicia que dirixiu a finais dese ano. Promoveu o inicio das obras da estrada OU-213, que une San Cristovo con Beariz. Volveu ser candidato a deputado polo distrito de Ribadavia nas eleccións de 1914, 1916, 1920 e 1923, pero foi derrotado polo candidato conservador José Estévez Carrera que tiña o apoio de Gabino Bugallal Araujo.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Eguiluz Ullibarri.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]