Saltar ao contido

Adolfo Prego de Oliver Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdolfo Prego de Oliver Domínguez
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de outubro de 2000 Editar o valor en Wikidata (86/87 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo, crítico de teatro Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosVictoria Prego, Adolfo Prego de Oliver y Tolivar Editar o valor en Wikidata
IrmánsManuel Prego de Oliver Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEnciclopedia Galega Universal Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1186960 BUSC: prego-adolfo-1913-2000

Adolfo Prego de Oliver Domínguez, nado en Ourense o 1 de xaneiro de 1913 e finado en Madrid o 15 de outubro de 2000, foi un xornalista, escritor e crítico teatral galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense. Empezou a traballar en 1933 no xornal La Región e despois pasou a El Pensamiento Navarro e La Voz de España de Donostia. Logo da guerra civil española asentouse en Madrid e comezou a traballar na Axencia EFE cubrindo a segunda guerra mundial.

Traballou como crítico teatral en El Alcázar e Informaciones. Tamén na revista Mundo, de contidos internacionais. En 1957 comezou no semanario Blanco y Negro, do que foi redactor xefe entre 1963 e 1967. Nese ano pasou a dirixir a revista Miss, e en 1973 regresou como subdirector a Blanco y Negro, que dirixiu entre 1976 e setembro de 1978. Nese ano pasou ao ABC, onde redactaba a columna "Cada día”, crítica teatral e crónica parlamentaria. En 1964 escribiu a comedia teatral Los Justicieros, que acadou o Premio Lope de Vega 1964 do Ayuntamiento de Madrid. Estreouse en xaneiro de 1965 no Teatro Español de Madrid co título Epitafio para un soñador. Escenificou a novela Pobres gentes de Fiódor Dostoievski e promoveu en España a vangarda teatral do momento, representada por Iniesco e Camus.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Foi irmán do mestre e pintor Manuel Prego de Oliver, e pai da xornalista Victoria Prego e do xurista Adolfo Prego de Oliver y Tolivar.

  • Señor profesor (Madrid: Vértice, 1939)
  • Héroes españoles en Rusia (Madrid: Publicaciones Españolas, 1954)
  • La ruta del perdón (sinopsis cinematográfica) (Madrid: Copión, 1961)
  • Epitafio para un soñador: drama en tres actos (Madrid: Alfil, 1965)
  • La caracola y la campana: romance para juglares de ayer y hoy (Madrid: Playor, 1978; con C. M. Suárez Radillo)
  • El exiliado (inédita)
  • Comedia para estudiantes (inédita)

Distincións

[editar | editar a fonte]
  • Premio Lope de Vega 1964 por Los Justicieros.
  • Premio Foro Teatral 1973 á labor crítica.
  • Premio de xornalismo Julio Camba polo artigo “La carcajada de Newton” (ABC).