Premio de xornalismo Julio Camba
O Premio Internacional Afundación de Xornalismo Julio Camba[1] é un certame creado en 1979 que distingue artigos de xornalismo literario ou de opinión publicados nunha cabeceira recoñecida, impresa ou dixital, ao longo do ano anterior. A extensión máxima debe ser de dúas páxinas e non puideron ser recoñecidos en ningún outro concurso anterior. En 2024 conta cunha dotación de 10 000 euros. Leva o nome do xornalista arousán Julio Camba.
Historia
[editar | editar a fonte]Creouno a antiga Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. Até 2003 premiou artigos en lingua castelá e lingua galega, pero en 2004 creouse o Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego para textos en galego, centrándose o Premio Julio Camba en textos en castelán. Tras unha selección de tres finalistas, procédese, a continuación, a escoller o texto gañador.
Os textos son avaliados por un xurado que cada ano se modifica para incluír premiados de edicións anteriores entre os seus integrantes. En 2023, ao xurado do galardón sumáronse por primeira vez dúas voces latinoamericanas: Sergio Ramírez e Jaime Abello Banfi.[2]
En 2019 a Obra Social de ABANCA editou unha publicación de tirada limitada para conmemorar o 40 aniversario do certame.
Persoas premiadas
[editar | editar a fonte]- 1980: Gonzalo Fernández de la Mora (ABC)
- 1981: Luciano del Río Besada (Faro de Vigo)
- 1982: Carlos García Bayón (La Voz de Galicia)
- 1983: Alfredo Conde (La Voz de Galicia)
- 1984: Bernardo Víctor Carande (Hoy)
- 1985: Antonio Odriozola (Faro de Vigo)
- 1986: Raimundo García Domínguez (La Voz de Galicia)
- 1987: Adolfo Prego de Oliver Domínguez (ABC)
- 1988: José Montero Alonso (Revista Santander)
- 1989: Rafael Landín Carrasco (Diario de Pontevedra)
- 1990: Julio Sierra (El Independiente)
- 1991: Xesús Ferro Ruibal (La Voz de Galicia)
- 1992: Arturo Lezcano Fernández (La Voz de Galicia)
- 1993: Santiago Castelo (ABC)
- 1994: Torcuato Luca de Tena (ABC)
- 1995: Carlos Casares (La Voz de Galicia)
- 1996: Miguel Ángel Cuadrado (El País)
- 1997: Juan Manuel de Prada Blanco (ABC)
- 1998: Diego Bernal López (El Correo Gallego)
- 1999: Afonso Eiré (A Nosa Terra)
- 2000: César Casal González (La Voz de Galicia)
- 2001: Miguel Suárez Abel (El Correo Gallego)
- 2002: Manuel Rivas (La Voz de Galicia)
- 2003: Manuel Jabois (Diario de Pontevedra)
- 2004: Marino Gómez Santos (Diario de León)
- 2005: Eugenio Fuente (ABC)
- 2006: Fernando Savater (El País)
- 2007: Felipe Benítez Reyes (Dominical)
- 2008: Andrés Trapiello (La Vanguardia)
- 2009: Pedro Ugarte Tamayo (El País)
- 2010: Ángela Vallvey Arévalo (La Razón)
- 2011: Ramón Pernas (La Voz de Galicia)
- 2012: José Otero Lastres (La Voz de Galicia)
- 2013: Ángeles Caso (Magazine)
- 2014: Luis Ventoso (ABC-La Tercera)
- 2015: Ignacio Camacho (ABC)
- 2016: Ramón Loureiro (La Voz de Galicia)
- 2017: Miguel-Anxo Murado (La Voz de Galicia)
- 2018: Ricardo Fernández Colmenero (El Mundo)[3]
- 2019: Cristina Sánchez-Andrade[4] (La Voz de Galicia)
- 2020: Luís Pousa (La Voz de Galicia)[5]
- 2021: Bibiana Candia Becerra (Letras Libres)[6]
- 2022: Manuel de Lorenzo Paradela (El Progreso)[7]
- 2023: María Sánchez (La Vanguardia)[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Una biografía reivindica a Julio Camba como el gran cronista del siglo XX.".
- ↑ "Sergio Ramírez y el director de la Fundación Gabo,Jaime Abello, nuevos jurados del Premio Internacional Afundación de Periodismo".
- ↑ "El periodista de EL MUNDO, Ricardo F. Colmenero, gana el Premio Julio Camba.".
- ↑ "Cristina Sánchez-Andrade gana el Premio Julio Camba.".
- ↑ "Luís Pousa gana el Premio Afundación de Periodismo Julio Camba.".
- ↑ "La coruñesa Bibiana Candia gana el Premio de Periodismo Julio Camba.".
- ↑ "De Lorenzo Paradela y el homenaje a su madre ganan el Premio Julio Camba.".
- ↑ "María Sánchez gana el Premio Julio Camba por un artículo publicado en Comer 'La Vanguardia'". 17 de enero de 2024.