Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego é un certame convocado por Afundación, que desde 2004 premia artigos de xornalismo literario ou de opinión en lingua galega. Leva o nome do polígrafo Francisco Fernández del Riego.
Bases
[editar | editar a fonte]Naceu no ano 2004 da man de Caixanova, entidade que viña entregando o Premio de xornalismo Julio Camba, que desde 1980 premiaba artigos xornalísticos en lingua castelá e galega e que en 2004 pasou a premiar só textos en castelán. O obxecto do premio[1] son artigos xornalísticos de chamado periodismo literario ou de opinión, publicados tanto en medios escritos como dixitais. As candidaturas poden ser presentadas tanto polos propios autores ou autoras destes artigos xornalísticos, como por institucións, públicas ou privadas, academias ou fundacións de todo o ámbito da convocatoria que o estimen oportuno.
Persoas gañadoras
[editar | editar a fonte]- 2004:[2] Fina Casalderrey polo artigo "Camiños brancos" (Diario de Pontevedra, 4 de xaneiro de 2003).
- 2005: Miguel-Anxo Murado, polo artigo "Chamadas perdidas" (La Voz de Galicia).
- 2006:[3] Eduardo Rolland, polo artigo "O galego dos sioux" (Faro de Vigo).
- 2007:[4] Rosa Aneiros, polo artigo "A última vaca".
- 2008:[5] Santiago Lamas, polo artigo "Ventos" (La Región, 18 de decembro de 2007).
- 2009: Manuel Rivas
- 2010:[6] Alberto Pena Rodríguez, polo artigo "Cousas da lingua" (Diario de Pontevedra, 29 de decembro de 2009).
- 2011: Xosé Carlos Caneiro
- 2012: Carlos González Reigosa, polo artigo "Paraíso case baleiro".
- 2013: Manuel Darriba
- 2014: Manuel Bragado
- 2015:[7] Luís Pousa, polo artigo "Galicias" (La Voz de Galicia, 25 de xullo de 2014).
- 2016: Tamara Montero, polo artigo "Botóns escuros" (La Voz de Galicia, 28 de novembro de 2015).[8]
- 2017: María Varela, polo artigo "Cóxegas e tartas" (Diario de Pontevedra, 29 de abril de 2016).[9]
- 2018: Santiago Jaureguizar, polo artigo "Pólvora sen magnolia na discoteca Clangor" (El Progreso e Diario de Pontevedra, 19 de xuño de 2017).[10]
- 2019: Inma López Silva, polo artigo "Terra rota" (La Voz de Galicia, 10 de abril de 2018).[11]
- 2020: Cristina Pato, polo artigo "Realidades paralelas" (La Voz de Galicia, 3 de maio de 2019).[12]
- 2021: Míriam Ferradáns, polo artigo "Dalias" (Nós Diario, 10 de novembro de 2020).[13]
- 2022: Francisco Castro, polo artigo "Coiden da música" (La Voz de Galicia, 29 de novembro de 2021).[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bases do XIX Premio Afundación de xornalismo Francisco Fernández del Riego" (PDF). Afundación. 2022.
- ↑ "Marino Gómez y Fina Casalderrey obtienen los premios periodísticos concedidos por Caixanova". Galicia Digital (en castelán). 16 de febreiro de 2004.
- ↑ A. S. (15 de marzo de 2006). "Eduardo Rolland gaña o Premio Fernández del Riego de xornalismo". Faro de Vigo.
- ↑ "Rosa Aneiros e Felipe Benítez fanse cos premios Fernández del Riego e Julio Camba de periodismo". Cultura Galega. 19 de marzo de 2007.
- ↑ "Santiago Lamas gaña o Fernández del Riego de xornalismo". Vieiros. 4 de marzo de 2008.
- ↑ "Un artigo sobre a lingua recibe o premio Fernández del Riego de Xornalismo". Vieiros. 2 de marzo de 2010.
- ↑ Alejandro Espiño (22 de xuño de 2015). "Ignacio Camacho e Luis Pousa, premios Julio Camba e Fernández del Riego de xornalismo". Pontevedra Viva.
- ↑ Tamara Montero (28 de novembro de 2015). "Botóns escuros". La Voz de Galicia.
- ↑ María Varela (29 de abril de 2016). "Cóxegas e tartas". Diario de Pontevedra.
- ↑ Santiago Jaureguizar (19 de xuño de 2018). "Pólvora sen magnolia na discoteca Clangor". El Progreso.
- ↑ Inma López Silva (10 de abril de 2018). "Terra rota". La Voz de Galicia.
- ↑ Cristina Pato (3 de maio de 2019). "Realidades paralelas". La Voz de Galicia.
- ↑ Míriam Ferradáns (10 de novembro de 2020). "Dalias". Nós Diario.
- ↑ Francisco Castro (29 de decembro de 2021). "Coiden da música". La Voz de Galicia.
- ↑ Mar Mato (4 de setembro de 2022). "Réquiem por un sombreiro". Faro de Vigo.