Luciano del Río Besada
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 1900 Pontevedra, España |
Morte | maio de 1989 (79/89 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | mestre, xornalista |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Luciano del Río Fernández |
Premios | |
Luciano del Río Besada, nado en Pontevedra e finado na mesma cidade en maio de 1989, foi un mestre, escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Luciano del Río Fernández. Foi nomeado mestre interino de Taborda (Tomiño) en febreiro de 1924,[1] en marzo do Rañadoiro,[2] e en novembro de 1926 de Losón (Lalín).[3] Aprobou as oposicións en 1927 e en xullo foi destinado a Fufín (Monterroso),[4] para despois ocupar a praza de mestre en Paredes (Vilaboa) dende 1930.[5] Na República militou no Partido Radical Socialista e despois no Partido Galeguista. Foi membro do Comité de Cooperación Intelectual que trouxo a Federico García Lorca a Pontevedra.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido a finais de agosto,[6] e foi reposto en novembro.[7][8] Foi novamente suspendido de emprego e soldo ata a resolución do seu expediente de depuración en setembro de 1938.[9] Como resultado da depuración foi sancionado coa suspensión de emprego e soldo, traslado fóra de Galicia e inhabilitación en maio de 1940.[10] Foi sancionado co trasladado á provincia de Burgos en xullo de 1940.[11] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas, que foi sobresido en 1943.[12]
Instalou unha academia privada en Pontevedra (autorizada en novembro de 1940)[13] que despois se transformou no colegio Lyceum de Pontevedra.[14] Integrouse no comité local da Unión de Intelectuales Libres. Crítico de arte, dirixiu a Colección Huguin e colaborou na prensa local de Pontevedra, La Noche e Faro de Vigo. Dirixiu a última etapa do periódico Litoral. Pertenceu á comisión xestora e foi membro da primeira directiva do Ateneo de Pontevedra. Colaborou no Pedrón de Ouro e foi membro correspondente da Real Academia Galega. Finou en Pontevedra en maio de 1989.[15]
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio de ensaio no II Certame Literario de Nova York, 1962.[16]
- Premio Miguel de Unamuno da Universidade de Salamanca, 1965.[17]
- Premio Cidade de Pontevedra de xornalismo 1976 polo seu labor literaria, 1977.[18]
- Premio de xornalismo Julio Camba en 1981.[19]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Pontevedra con Lia del Carmen Osorio Rodríguez, funcionaria de Aduanas, en 1955.[20]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Diario de Pontevedra, 22-2-1924, p. 2.
- ↑ El Noticiero Gallego, 11-3-1924, p. 3.
- ↑ El Noticiero Gallego, 11-11-1926, p. 2.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 11-7-1927, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 30-7-1930, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-9-1936, p. 10.
- ↑ El Progreso, 15-11-1936, p. 2.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 5-12-1936, p. 2.
- ↑ El Ideal Gallego, 23-9-1938, p. 5.
- ↑ El Noticiero Gallego, 11-5-940, p. 2.
- ↑ El pueblo Gallego, 9-7-1940, p. 2.
- ↑ BOE, 19-9-1943, p. 3314-3315.
- ↑ El Pueblo Gallego, 30-11-1940, p. 6.
- ↑ La Voz de Galicia, Pontevedra, 8-9-1983, p. 24.
- ↑ La Voz de Galicia, Pontevedra, 17-5-1989, p. 30.
- ↑ El Pueblo Gallego, 24.10-1962, p. 2.
- ↑ La Noche, 7-10-1965, p. 8.
- ↑ El Pueblo Gallego, 18-1-1977, p. 15.
- ↑ La Voz de Galicia, 9-1-1981, p. 36.
- ↑ El Ideal Gallego, 3-7-1955, p. 7.