Litoral (Pontevedra)
Litoral | |
---|---|
Localidade | Pontevedra |
[ editar datos en Wikidata ] |
Litoral foi un periódico editado en Pontevedra entre 1953 e 1958.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu en 1953 co subtítulo de Periódico de Pontevedra y su provincia. De periodicidade bisemanal (luns e xoves), a partir de abril de 1956 publícase tres veces por semana (luns, mércores e venres). Dirixido por Amancio Landín Carrasco, e polo seu irmán Rafael Landín Carrasco dende xuño de 1955, no consello de administración estaban José Pazó Montes, Xosé Filgueira Valverde e Francisco Javier Sánchez Cantón. Nela apareceron algunhas colaboracións de Celso Emilio Ferreiro e os primeiros textos de Méndez Ferrín, baixo o pseudónimo de Laín Feixoo. Cesou a súa edición o 19 de outubro de 1956.
Segunda etapa
[editar | editar a fonte]Tivo unha segunda etapa, entre o 17 de agosto de 1957 e o 18 de xaneiro de 1958, editada por Domingo González Lucas e dirixida por Luciano del Río Besada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Litoral". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Litoral". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Torres, Xermán (29/8/2016). "Litoral - Pontevedra, 1953-1954" Filgueira Valverde, un sabio na corte do Teucro.