Adolfo Sigwald
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1923 ![]() Córdoba, Arxentina ![]() |
Morte | 25 de marzo de 1999 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Governor of Córdoba (en) ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Arxentina ![]() |
Educación | Colégio Militar da Nação (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político , oficial ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Carreira militar | |
Rango militar | xeneral de brigada ![]() |
Adolfo Sigwald, nado en Córdoba o 27 de outubro de 1923 e finado en Buenos Aires o 22 de marzo de 1999, foi un militar arxentino designado Gobernador de facto de Córdoba pola Xunta Militar do Proceso de Reorganización Nacional.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu no Barrio San Vicente da cidade de Córdoba. Na súa carreira militar foi xefe do Batallón no Colexio Militar da Nación, xefe do Rexemento de Infantaría de Monte 28 e comandante da X Brigada de Infantaría, pasando a retiro o 20 de febreiro de 1979, voluntariamente, co grao de xeneral de brigada.
Días despois, a xunta militar nomeouno interventor federal na provincia de Córdoba (sendo chamado “gobernador”), asumindo o 8 de marzo de 1979. Na súa administración, a cal se estendeu por case tres anos, fomentou conversacións entre diversos ámbitos sociais. O 20 de xaneiro de 1982 foi substituído polo Dr. Rubén Juan Pellanda.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Falleción el gral Sigwald" Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine., artigo en La Nación, 25 de marzo de 1999 (en castelán).