Saltar ao contido

Adriana Lisboa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdriana Lisboa

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de abril de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do Estado do Rio de Janeiro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, escritora de literatura infantil, novelista, tradutora, poetisa Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webadrianalisboa.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3239629 Facebook: lisboa.adriana Editar o valor en Wikidata

Adriana Lisboa Fábregas Gurevitz, nada no Río de Xaneiro o 25 de abril de1970, é unha escritora brasileira.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Creceu na súa cidade natal. Morou en Francia, en París e Avignon, e desde 2007 viviu a maior parte do tempo nos Estados Unidos (nunha pequena cidade próxima a Boulder, no Colorado).[2]

É autora de sete novelas, alén de poemas, contos e historias para nenos.

Os seus libros foron traducidos ao inglés, francés, español, alemán, árabe, italiano, sueco, romanés e serbio, e publicados en catorce países.[3] Integrou varias antoloxías de contos e poesía no Brasil e no exterior.

Recibiu o Premio José Saramago, en Portugal, pola novela Sinfonia em branco, o Premio Moinho Santista, no Brasil, polo conxunto das súas novelas, e o premio de autor revelación da Fundação Nacional do Livro Infantil e Juvenil (FNLIJ) por Língua de trapos. O proxecto Bogotá 39/Hay Festival alistouna entre os 39 máis importantes autores novos latinoamericanos en 2007. Recibiu bolsas de creación e tradución da Fundación Biblioteca Nacional (Brasil), do Centre National du Libre (Francia) e da Fundação Japão.

Bacharel en música pola Unín-Río, Adriana Lisboa foi cantante de MPB en Francia aos dezaoito anos, máis tarde profesora de música no Río e tamén tradutora. Fixo o mestrado en literatura brasileira e o doutoramento en literatura comparada na UERJ (Universidade do Estado do Río de Xaneiro). Foi aínda investigadora visitante no Nichibunken (International Research Center for Japanese Studies), en Kyoto (2006), na Universidade do Novo México (2007) e na Universidade de Texas en Austin (2008-2009).[4] Entre outros autores, traduciu para o portugués obras de Cormac McCarthy, Margaret Atwood, Stefan Zweig, Robert Louis Stevenson, Jonathan Safran Foer, Emily Brontë e Maurice Blanchot.

A súa novela O coração às vezes para de bater foi adaptada para o cinema no Brasil por Maria Camargo, nun premiado filme de curtametraxe.

En 2012, o cineasta Eduardo Montes-Bradley realizou un documental sobre a súa vida, titulado Lisboa e filmado en Denver e Boulder, Colorado (EUA).

  • 2003: Premio José Saramago por Sinfonia em branco
  • 2005: Premio Moinho Santista polo conxunto da súa obra
  • 2006: Premio de Autor Revelación da FNLIJ (Fundación Nacional do Libro Infantil e Xuvenil) por Língua de trapos
  • Altamente recomendável pola FNLIJ, para Língua de trapos e Contos populares japoneses
  • 2008: Finalista do Premio Jabuti, categoría novela, con Um beijo de colombina e Rakushisha
  • 2007: Hay Festival/Bogotá Capital Mundial do Libro - seleccionada entre os 39 máis importantes autores latinoamericanos até 39 anos.
  • Finalista do Premio Literario Casino da Póvoa, Portugal, categoría mellor libro do ano, con Rakushisha.
  • Finalista do Prix des Lectrices de Elle Magazine, Francia, por Des roses rouge vif/Sinfonia em branco.
  • 2011: Finalista do PEN Center USA Literary Awards - categoría ficción traducida, por Symphony in White.[5]
  • 2011: Finalista do Premio São Paulo de Literatura e do Premio Zaffari & Bourbon, por Azul-corvo
  • 2014: Finalista do Premio São Paulo de Literatura por Hanói.
  • Os fios da memória (1999). Rio: Rocco. (fora do prelo)
  • Sinfonia em branco (2001). Rio: Rocco. Alfaguara, 2013 - publicado tamén en Portugal, EUA, Alemaña, Francia, Italia, Romanía, Exipto, Polonia, Turquía e Croacia.
  • Um beijo de colombina (2003). Rio: Rocco, 2003 - publicado tamén en Portugal e en Suecia.
  • Rakushisha (2007). Rio: Rocco. Alfaguara, 2014 - publicado tamén en Portugal, EUA, Italia e Romanía.
  • Azul-corvo (2010). Rio: Rocco. Alfaguara, 2014 - publicado tamén en Portugal, Inglaterra, EUA, Francia, Italia, Noruega e Serbia
  • Hanói (2013). Rio: Alfaguara - publicado tamén en Francia, Italia e Arxentina.
  • Todos os Santos (2019). Alfaguara, Brasil.
  • Parte da paisagem (2014). São Paulo: Iluminuras.
  • Pequena música (2018). São Paulo: Iluminuras.
  • Caligrafias (2004). Río: Rocco. Deseños de Gianguido Bonfanti.
  • Contos populares japoneses (recontos) (2008). Río: Rocco. Ilustracións de Janaina Tokitaka - publicado tamén en Italia.
  • O sucesso (2016). Río: Rocco.

Libros infantís e xuvenís

[editar | editar a fonte]
  • Língua de trapos (2005). Río: Rocco. Ilustracións de Rui de Oliveira. Infantil.
  • O coração às vezes para de bater (2007). São Paulo: PubliFolha.Río: Rocco, 2013 - publicado tamén en Suíza (francés) e a Arxentina. Xuvenil.
  • A sereia e o caçador de bolboretas (2009). - Río: Rocco. Ilustracións de Rui de Oliveira. Infantil.
  • Um rei sem majestade (2019).

Antoloxías literarias e colectáneas de contos

[editar | editar a fonte]
  • 25 mulheres que estão fazendo a nova literatura brasileira (org. Luiz Ruffato) - Río: Record, 2004;
  • Prosas cariocas (org. Marcelo Moutinho e Flávio Izhaki) - Río: Casa da Palabra, 2004;
  • Aquela canción - São Paulo: PubliFolha, 2005;
  • Rio Literário (org. Beatriz Resende, fotos de Bruno Veiga) - Río: Casa da Palabra, 2005;
  • Contos que contam - Lisboa: Centro Colombo, 2005;
  • Lusofônica - La nuova narrativa in lingua portoghese - Roma: La Nuova Frontiera, 2006;
  • Contos de agora, audiolivro (org. Moacyr Godoy Moreira) - São Paulo: Libro Falante, 2007;
  • Antología de cuento latinoamericano - Bogotá: Ediciones B, 2007;
  • Inimigo Rumor n° 19, revista de poesía - Río/São Paulo: 7Letras/CosacNaify, 2007;
  • Dicionário amoroso da língua portuguesa (org. Marcelo Moutinho e Jorge Reis-Sá) - Río: Casa da Palabra, 2009;
  • Brazil: A Traveler's Literary Companion (org. Alexis Levitin) - Berkeley: Whereabouts Press, 2010
  • Brasilien berättar: Ljud av steg - Estocolmo: Bokforläget Tranan, 2011
  • Amar, verbo atemporal (org. Celina Portocarrero) - Río: Rocco, 2012
  • Granta en portugués vol. 10: Medidas Extremas - Río: Alfaguara, 2013
  1. Cultural, Instituto Itaú. "Adriana Lisboa". Enciclopédia Itaú Cultural (en portugués). Consultado o 2020-07-09. 
  2. "Adriana Lisboa. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-07-09. 
  3. "www.mertin-litag.de". www.mertin-litag.de. Consultado o 2020-07-09. 
  4. "BIOGRAFIA". adrianalisboa (en portugués). Consultado o 2020-07-09. 
  5. "2011 Literary Awards: Finalists and Judges. PEN Center USA". web.archive.org (en inglés). 2015-03-02. Archived from the original on 02 de marzo de 2015. Consultado o 2020-07-09. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]