Saltar ao contido

Adriana Ugarte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdriana Ugarte

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xaneiro de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónColegio Nuestra Señora del Pilar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor en Wikidata -
Premios

IMDB: nm1246047 Allocine: 243032 Allmovie: p493904
Twitter: adrianaugarte10 Instagram: adrianaugarte10 BNE: XX4770723 Editar o valor en Wikidata

Adriana Sofía Ugarte Pardal, nada en Madrid o 17 de xaneiro de 1985, é unha actriz española.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Ugarte debutou na curta Mala espina, dirixida por Belén Macías, e gañou un dos premios no Festival de curtas de Alcalá de Henares. Adriana Ugarte, que compaxinou as súas clases de interpretación e danza coa carreira de Filosofía, participou en series como Policías, en el corazón de la calle de Antena 3 ou Hospital Central en Telecinco. En 2006, con 21 anos, foi candidata ao Goya á mellor actriz revelación polo seu papel no filme Cabeza de perro, dirixido por Santi Amodeo.

Foi dous anos despois, en 2008, cando se estreou na televisión coa serie La señora (La 1) e Ugarte, que interpretou o personaxe principal, gañou popularidade. Ese mesmo ano, ademais, participou na película El juego del ahorcado, xunto a Clara Lago e Álvaro Cervantes. Despois viñeron Castillos de cartón (2010), película dirixida por Salvador García Ruiz e protagonizada xunto a Nilo Mur e Biel Durán, e Lo contrario al amor (2011), protagonizada xunto a Hugo Silva. Tamén participou na miniserie Niños robados de Telecinco, na que interpreta a Susana.

En 2013, dous anos despois de que finalizara a rodaxe, estreouse en Antena 3 El tiempo entre costuras, a serie baseada na novela homónima. Ugarte interpretou a protagonista da historia, Sira Quiroga, e a serie foi todo un éxito de audiencias.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Curtametraxes

[editar | editar a fonte]

Premios e candidaturas

[editar | editar a fonte]

Premios Goya

Ano Categoría Película Resultado
2006 Mellor actriz revelación Cabeza de perro Candidata

Fotogramas de Prata

Ano Categoría Serie Resultado
2009 Mellor actriz de televisión La Señora Gañadora

Unión de Actores

Ano Categoría Serie Resultado
2009 Mellor actriz protagonista de televisión La Señora Gañadora

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]