La Señora
La Señora | |
---|---|
Adriana Ugarte, a protagonista. | |
Formato | Drama |
Creado por | Virginia Yagüe |
Intérpretes | Adriana Ugarte Rodolfo Sancho Roberto Enríquez Alberto Ferreiro Lucía Jiménez Raúl Peña Laura Domínguez Ana Turpin Carmen Conesa Ana Wagener Berta Ojea |
País de orixe | España |
Episodios | 39 |
Produción | |
Duración | 75 min. |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | La 1 |
Primeiro episodio | 6 de marzo de 2008 |
Derradeiro episodio | 18 de xaneiro de 2010 |
Na rede | |
http://www.rtve.es/lasenora | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Señora é unha serie dramática de televisión producida por Diagonal TV para Televisión Española, estreouse o 6 de marzo de 2008 e chegou ao seu fin o 18 de xaneiro de 2010. Emitiuse a razón dun episodio por semana. A serie rodouse en Asturias, Sepúlveda e Navalcarnero. En moi pouco tempo converteuse na serie estrela da noite dos luns, superando sen ningunha dificultade á todopoderosa CSI.
A segunda tempada da serie estreouse o 1 de xuño de 2009 ata o 9 de novembro de 2009 sendo líder indiscutible da noite dos luns.
A terceira tempada estreouse directamente despois do final a segunda, o 16 de novembro de 2009, con excelentes datos de audiencia e convertendo a serie, unha vez máis, na máis seguida do prime-time do luns. Co cesamento da publicidade na cadea pública a principios do 2010, a audiencia da serie non deixou de subir, superando con toda comodidade os catro millóns de telespectadores. A serie despediuse definitivamente da súa audiencia o 18 de xaneiro de 2010, superando os cinco millóns de telespectadores.
Tras o final da serie, realizouse un spin-off chamado 14 de abril. La República no que aparecen algúns personaxes da serie.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Adriana Ugarte, como Victoria Márquez de la Vega, marquesa de Castro.
- Rodolfo Sancho, como Ángel González Ruiz, sacerdote.
- Roberto Enríquez, como Gonzalo López, marqués de Castro.
- Ana Turpin, como Irene de Castro y de la Fuente, filla do anterior marqués de Castro e primeira esposa de Gonzalo.
- Laura Domínguez, como Catalina de Castro y de la Fuente, irmá ilexítima do marqués e criada.
- Alberto Ferreiro, como Pablo Márquez de la Vega, irmán idealista de Victoria.
- Lucía Jiménez, como Encarna Alcántara Prieto, rapaza humilde do pobo.
- Carmen Conesa, como Alicia Santibáñez, dona do maior prostíbulo da comarca.
- Ana Wagener, como Vicenta Ramírez, serventa dos Márquez.
- Berta Ojea, como Adelina, cociñeira dos Márquez.
- Alberto Jiménez, como Ricardo Márquez González, pai de Victoria e Pablo.
- Raúl Prieto, como Salvador González Ruiz, irmán de Ángel.
- Pepa López, como Amalia Ruiz, nai de Ángel.
- Claudia Giráldez, como Conchita, contrapunto de Vicenta.
- Pepo Oliva, como Justo Sanz, coidador dos animais dos Márquez.
- Benito Sagredo, como Alejandro, médico.
- Raúl Peña, como Hugo de Viana, prometido de Victoria.
Premios e candidaturas
[editar | editar a fonte]Fotogramas de Prata 2009
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor actriz de televisión | Adriana Ugarte | Gañadora |
XVIII Edición dos Premios da Unión de Actores
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor actor protagonista de televisión | Roberto Enríquez | Candidato |
Mellor actriz secundaria de televisión | Ana Wagener | Candidata |
Mellor actriz secundaria de televisión | Berta Ojea | Gañadora |
XIX Edición dos Premios da Unión de Actores
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor actriz protagonista de televisión | Adriana Ugarte | Gañadora |
Mellor actor protagonista de televisión | Roberto Enríquez | Ganador |
Mellor actriz secundaria de televisión | Carmen Conesa Ana Wagener |
Gañadora Candidata |
Mellor actor secundario de televisión | Víctor Clavijo Raúl Peña |
Gañador Candidato |
Mellor actriz secundaria de televisión | Inma Cuevas | Candidata |
Mellor actor secundario de televisión | Juan Meseguer Alberto Rubio |
Gañador Candidato |
Mellor actriz revelación | Carolina Lapausa | Candidata |
Outros
- Mención especial TV no Festival Internacional de TV y Cine Histórico Reino de León 2009 para Roberto Enríquez.
- Nomeamento á Mellor actriz protagonista de drama nos I Premios do Público TV para Adriana Ugarte.
- Nomeamento ao Mellor actor español nos Premios CineyMás de TV para Rodolfo Sancho.