Saltar ao contido

Aer Lingus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aer Lingus
IATA
EI
OACI
EIN
Indicativo
SHAMROCK
Fundación15 de abril de 1936
Inicio das operacións27 de maio de 1936
Aeroporto principalAeroporto de Dublín
Plan de voo frecuenteGold Circle Club
Frota53
Destinos77
HoldingInternational Airlines Group
Eslogan da compañíaGreat Care. Great Fare
SedeAeroporto de Dublín
Páxina web: http://www.aerlingus.com/
Airbus A320 de Aer Lingus aterrando no aeroporto de Santiago
Aer Lingus head office

Aer Lingus é a compañía aérea nacional da República de Irlanda. Baseada en Dublín, a compañía aérea opera cunha frota de máis de 30 aeronaves, todas Airbus, voando aos Estados Unidos e a Europa, e recentemente a Dubai, nos Emiratos Árabes Unidos. Trátase da compañía en activo máis antiga de Irlanda, e a segunda en tamaño despois da low-cost Ryanair.

Aer Lingus foi membro da alianza Oneworld, pero abandonouna o 31 de marzo de 2007. Na actualidade, a pesar de non pertencer a ningunha alianza de aeroliñas, comparte código con membros de Oneworld, Star Alliance e SkyTeam. Tamén ten acordos con Aer Arann, JetBlue Airways e United Airlines.

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Aer Lingus Teoranta foi rexistrada como aeroliña o 22 de maio de 1936. O nome Aer Lingus provén do termo irlandés Aer Loingeas que significa frota aérea. Cinco días despois de ser fundada, a aeroliña abriu a súa primeira ruta entre o aeroporto Baldonnel en Dublín e Bristol, Inglaterra, usando un biplano de Havilland 84 Dragon de seis asentos, que foi bautizado como Iolar (aguia). Ese mesmo ano, a compañía adquiriu o seu segundo avión, un de Havilland 84B Dragon Express, unha variante de catro motores cunha capacidade para 14 pasaxeiros.

En 1937 o goberno irlandés creou Aer Rianta (agora chamado Dublin Airport Authority), unha compañía para asumir as responsabilidades financeiras da nova aeroliña e todas as infraestruturas de aviación civil do país. En 1938 Iolar foi substituído por un de Havilland DH.89 Dragon Rapide e foi adquirido tamén un segundo DH.84B. Dous Lockheed L-14 chegaron en 1939, o primeiro avión totalmente metálico de Aer Lingus.

En xaneiro de 1940 rematouse un novo aeroporto no suburbio dublinés de Collinstown e Aer Lingus trasladou as súas operacións ás novas instalacións. Á parte dun novo servizo a Liverpool, cuberto con DC-3, e unha ruta interna a Shannon, os servizos da aeroliña foron recortados durante a segunda guerra mundial.

Expansión despois da guerra

[editar | editar a fonte]

O 9 de novembro de 1945, pasada a guerra, os servizos regulares foron restaurados cun voo inaugural a Londres. A partir deste momento os avións de Aer Lingus foron pintados cunha librea prateada e verde, e as primeiras asistentas de voo comezaron a traballar na aeroliña. En 1946 un novo acordo anglo-irlandés deulle a Aer Lingus dereitos exclusivos de tráfico cara ao Reino Unido. Debido a isto, a aeroliña mercou sete novos avións Vickers Viking en 1947, porén, estes demostraron ser pouco rendibles e foron vendidos pronto.

En 1947 Aerlínte Éireann naceu co propósito de facer voos transatlánticos entre Irlanda e Nova York. Pedíronse tres novos Lockheed Constellation, pero unha crise financeira evitou que comezase o servizo. Os Lockheed Constellation foron entón vendidos á BOAC e o servizo transatlántico tivo que agardar. Durante os últimos anos da década dos 40 e os primeiros dos 50, Aer Lingus introduciu novas rutas a Bruxelas, Ámsterdam e Roma. Debido á expansión de rutas, a aeroliña introduciu o Vickers Viscount 707 en 1951.

Primeiro servizo transatlántico

[editar | editar a fonte]

O 28 de abril de 1958 Aerlínte Éireann operou o primeiro voo transatlántico dende Shannon a Nova York. Empregáronse tres Lockheed Constellation para os tres voos semanais da ruta. Os avións foron alugados á aeroliña Seaboard and Western. Este alugueiro durou ata o 1 de xaneiro de 1960, cando Aerlínte Éireann foi rebautizada como Aer Lingus - Irish International Airlines. Aer Lingus tivo o seu primeiro reactor o 14 de decembro de 1960, cando lle foron entregados tres Boeing 720 para usar na ruta a Nova York, así como ao novo destino da aeroliña, Boston.

Un Carvair carga un coche no aeroporto de Bristol

En 1963, Aer Lingus mercou Carvairs para a súa frota. Neste avión podíanse cargar cinco coches polo seu morro. Pero o Carvair demostrou ser un desastre económico para a aeroliña, en parte debido á subida dos servizos de transporte de coches. O Boeing 720 foi un éxito nas rutas transatlánticas e en 1964 Aer Lingus tivo os máis grandes Boeing 707.

Reactores

[editar | editar a fonte]

A conversión da súa frota europea a avións a reacción comezou en 1965 cando o BAC 1-11 entrou en servizo nas rutas entre Dublín e Cork a París. Unha nova librea foi adoptada ese mesmo ano, cun grande trevo branco na cola e o nome Aer Lingus-International xusto enriba das fiestras do avión. En 1966 o resto das empresas sostidas por Aer Rianta foron transferidas ó Ministerio de Economía irlandés.

En 1966 foi inaugurada a ruta entre Shannon e Montreal e Chicago. En 1968 a aeroliña comezou a voar de Belfast a Nova York. O servizo suspendeuse ao pouco tempo debido ao conflito de Irlanda do Norte. En 1969 introduciuse o Boeing 737 á frota de Aer Lingus para facerse cargo da alta demanda nos voos entre Dublín e Londres. Aer Lingus posteriormente estendeu o uso deses avións a todas as súas conexións europeas.

Dos anos 70 aos 90

[editar | editar a fonte]

En 1970 comeza a operar dous Boeing 747 en rutas transatlánticas. Un terceiro 747 foi engadido posteriormente, pero un tivo que ser alugado, xa que non era beneficiosa para a compañía os voos dos 747 a través do océano Atlántico. En 1974 os avións da aeroliña luciron unha nova librea, desaparecendo a palabra International da súa fuselaxe. A librea incluía dous diferentes tons de azul e un de verde, así como o trevo branco na cola.

En setembro de 1979 Aer Lingus converteuse na primeira aeroliña á parte de Alitalia en ser usada polo papa Xoán Paulo II. O pontífice voou nun 747 especialmente modificado de Roma a Dublín e posteriormente de Shannon a Boston. A principios dos anos 80, os Boeing 707 foron retirados progresivamente.

En 1984 fundouse Aer Lingus Commuter, unha empresa subsidiaria, e Aer Lingus puido voar a máis cidades en Irlanda e Gran Bretaña, xa que estes voos dende Dublín non requirían reactores. Eses servizos foron operados nun principio por cinco Shorts 360 despois de probar durante un tempo cos Shorts 330. Por ese tempo Aer Lingus mercou unha boa parte da aeroliña de carga Aer Turas, propietaria dalgúns DC-8 de carga.

Entre 1987 e 1989, novos Boeing 737 chegaron para substituír os vellos, e seis Fokker F50 foron engadidos á frota de Commuter. Os BAC 1-11 foron retirados e cinco novos 737 chegaron. En 1991, mercáronse catro Saab 340B para a división rexional da aeroliña co obxectivo de substituír os Shorts 360. En 1992 toda a frota de 737-200 foi substituída e foi o primeiro operador mundial das tres versións da segunda xeración do 737, os modelos -300, -400 e -500, aínda que os primeiros non estiveron moito tempo en servizo.

Operacións con Airbus

[editar | editar a fonte]

En 1994 Aer Lingus comezou a usar o Airbus A330 nos seus voos directos entre Dublín e os Estados Unidos, e en maio dese ano a aeroliña realizou o seu primeiro voo de longo alcance cun A330-300 sobre o Atlántico Norte. Isto levou á eliminación gradual dos Boeing 747, mentres que operou brevemente co Boeing 767-300ER. O 2 de outubro de 1995 Aer Lingus realizou o seu derradeiro servizo co 747 despois de 25 anos. Para esas datas, ao redor de oito millóns de pasaxeiros viaxaran a través do Atlántico nos 747 da compañía. A finais dos 90 Aer Lingus regresou a Belfast, cun servizo a Nova York vía Shannon. O aeroporto internacional de Newark foi tamén engadido como destino, pero eses voos remataron no ano 2001.

O primeiro avión de Airbus de curto alcance chegou en 1998, o Airbus A321, inicialmente usado para a ruta entre Dublín e Heathrow. Aer Lingus recibiu seis exemplares entre 1998 e 1999 e eses avións continúan en servizo na actualidade. O primeiro A320 foi entregado no ano 2000, ao que se lle sumaron tres máis no ano seguinte.

En decembro de 2022, Aer Lingus (excluíndo as súas filiais Aer Lingus Regional e Aer Lingus UK) operaba unha frota composta polos seguintes avións:[1][2]

Frota Aer Lingus
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros[3] Notas
C Y Total
Airbus A320-200 29 174 174 Un con librea retro (EI-DVM) e outro
con librea do equipo irlandés de rugby (EI-DEI)
Airbus A320neo 4 4 186 186
Airbus A321LR 8 16 168 184
Airbus A321XLR 6[4][5] TBA Serán entregados a partir de 2024
Airbus A330-200 3
23 243 266
248 271
258 281
Airbus A330-300 10 30 275 305
283 313
287 317
Total 54 10

Histórica

[editar | editar a fonte]
BAC One-Eleven en 1982
Boeing 747-100 en 1980
Boeing 737 en 1993
Frota histórica de Aer Lingus
Avión Introducido Retirado Notas
Frota transatlántica
Boeing 707-320 1964 1986
Boeing 720 1960 1971
Boeing 747-100 1976 1995
Boeing 757-200 2015 2020 Alugado a ASL Airlines Ireland
Boeing 767-200ER 2016 2016 Alugado a Omni Air International
Boeing 767-300ER 1991 1994
Douglas DC-8-63F 1990 1990 Alugado a Arrow Air
Douglas DC-8-73PF 1990 1990 Alugado a Aer Turas
Lockheed L-749 Constellation 1948 Descoñecido
Lockheed L-1049 Super Constellation 1958 1960
Lockheed L-1011 TriStar 1989 1997 Alugado a American Trans Air, Caledonian Airways
McDonnell Douglas MD-11 1998 1998 Alugado a World Airways
2001 2001
Frota europea e de proximidade
Airbus A319-100 2011 2016
Airbus A321-200 1998 2022
Airspeed Consul 1948 1950
Aviation Traders Carvair 1963 1968
BAC One-Eleven 1965 1990
British Aerospace BAe 146-300 1995 2006
BAe Avro RJ85 2018 2020 Operado por CityJet
Boeing 737-200 1969 1992
Boeing 737-300 1987 1993
Boeing 737-400 1989 2005
Boeing 737-500 1990 2005
Bristol 170 Freighter 1952 Descoñecido
de Havilland DH.84 Dragon 1936 1938
de Havilland DH.86 Express 1936 1946
de Havilland DH.89 Dragon Rapide 1938 1940
Douglas DC-3 1940 1964
Fokker F27 1958 1966
Fokker 50 1989 2001
Lockheed Super Electra 1939 1940
Saab 340B 1991 1995
Short 330 1983 Descoñecido
Short 360 1984 1991
Vickers Viking 1947 Descoñecido
Vickers Viscount 700 1954 1960
Vickers Viscount 800 1957 1973
  1. "Latest Register and Monthly Changes". www.iaa.ie. Consultado o 2024-01-19. 
  2. "Aer Lingus Fleet Details and History". Planespotters.net (en inglés). 2024-01-17. Consultado o 2024-01-19. 
  3. "Seat Maps" (PDF). 
  4. "PARIS: Iberia and Aer Lingus opt for A321XLRs". FlightGlobal. 18 June 2019. Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  5. "IAG orders 14 A321XLRs for Aer Lingus and Iberia". Reuters. Consultado o 19 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]