Aerolíneas Federales
Aerolineas Federales | |
---|---|
Orixe | Vigo, Galicia |
Período | 1986 - 1989 2011 - presente |
Xénero(s) | pop rock |
Membros | Miguel Costas Flechi Silvino Díaz Coral Blázquez Rosa Costas Silvia Superstar |
Na rede | |
https://web.archive.org/web/20160304115615/http://www.aerolineasfederales.com | |
Aerolíneas Federales é un grupo musical formado en Vigo como un proxecto paralelo de Miguel Costas, membro e fundador de Siniestro Total, no ano 1981. A banda disolveuse a principios dos anos 90 tras publicar 5 álbums de estudio, pero en 2011 reuniríase novamente realizando concertos esporadicamente e publicando un par de traballos recompilatorios e un álbum ao vivo.
Historia
[editar | editar a fonte]O grupo foi formado en Vigo en 1981 por Miguel Costas e os seus amigos Flechi (Juan Dotras Pardo) e Silvino Díaz.[1] Nos seus inicios traballaban con guitarra, baixo e caixa de ritmos, pero en 1983 incorporouse ao grupo o batería Luis Santamarina e Flechi pasou a ser o cantante da banda. Ese mesmo ano, gañaron o concurso de rock de Radio 3 na Coruña e Flechi abandonou o grupo para liderar a formación Las Termitas. Flechi morreu dun infarto en Londres no ano 2002.[2]
A seguinte formación da banda estivo composta por Miguel Costas, Silvino, Luís e dúas mozas, Coral Alonso e Rosa Costas, irmá de Miguel, realizando cancións con guitarras potentes e letras divertidas, sendo nalgúns casos surrealistas. Esta formación lanzaría os catro primeiros álbums da banda, o homónonimo Aerolíneas Federales (1986), Hop hop (1987), Tomando tierra (1988) e Échame sifón (1989), todos eles a través da discográfica DRO.[2]
Coral deixou a banda tras o cuarto disco e foi substituída por Silvia Superstar. Con Silvia o grupo publicou o seu derradeiro álbum de estudio, Una o ninguna, en 1991. Miguel Costas acabou índose tamén; o grupo completo desapareceu a mediados dos 90, logo dunhas colaboracións no programa Xabarín Club, da televisión de Galicia. Miguel Costas formou o grupo Os Feliz[3], mentres que Silvia engadiuse Superstar e foise ás Killer Barbies.
Na primavera do ano 2011 a banda reuniuse novamente para realizar dous concertos en Lima, e no mes de novembro confirmaron unha nova actuación en Barcelona.[4] O 20 de febreiro de 2012 o selo Elefant Records editou unha colección de maquetas do grupo, titulada Hasta el final y más allá… Demos 1983-1993,[5] que foi o primeiro recompilatorio da serie Recuerdos que olvidé.[6]
No ano 2015 a banda publicou a través do selo Lemuria Music o recompilatorio de oito temas @AAFF#715.[7] En xaneiro de 2016 Aerolíneas Federales realizou un concerto con Los Nikis na madrileña sala Arena e a actuación sería publicada en novembro dese mesmo ano nun disco titulado No todo es lo que parece.[8]
Discografía
[editar | editar a fonte]O grupo sacou ó mercado cinco álbums ó longo da súa carreira[9] e tras a súa reunión en 2011 publicaría dous recompilatorios e un álbums ao vivo:[10]
Álbum | Ano | Selo | Notas |
---|---|---|---|
Aerolíneas Federales | 1986 | DRO | estudio |
Hop hop | 1987 | DRO | estudio |
Tomando tierra | 1988 | DRO | estudio |
Échame sifón | 1989 | DRO | estudio |
Una o ninguna | 1991 | BMG-ARIOLA | estudio |
Hasta el final y más allá… Demos 1983-1993 | 2012 | Elefant Records | recompilatorio |
@AAFF#715 | 2015 | Lemuria Music | recompilatorio |
No todo es lo que parece | 2016 | Lemuria Music | ao vivo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Biografía de Aeorlíneas Federales
- ↑ 2,0 2,1 "Aerolíneas Federales - La Fonoteca" (en castelán). Consultado o 2023-09-23.
- ↑ "Aerolíneas Federales na páxina POPes80". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2009. Consultado o 03 de febreiro de 2010.
- ↑ "Aerolíneas Federales". Elefant Records. Consultado o 2023-09-28.
- ↑ Rebenaque, Juan (02 de novembro de 2011). "Vuelve Aerolíneas Federales" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2011. Consultado o 03 de novembro de 2011.
- ↑ "Hasta El Final Y Más Allá... (Demos 1983-1993), by AEROLINEAS FEDERALES". RECUERDOS QUE OLVIDÉ - Collection (en inglés). Consultado o 2023-09-28.
- ↑ "@AAFF#715 (CD-DIGIPACK), Tienda Lemuria". lemuriamusic.com. Consultado o 2023-09-28.
- ↑ "Los Nikis se ocultan en el nuevo lanzamiento de Aerolíneas Federales". Efe Eme (en castelán). 2016-11-15. Consultado o 2023-09-28.
- ↑ "Discografía". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 03 de febreiro de 2010.
- ↑ "Aerolíneas Federales". Discogs (en castelán). Consultado o 2023-09-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aerolíneas Federales |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial
- Videoclip da súa canción "Non todo é o que parece", emitido no Xabarín Club.