Miguel Costas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2015.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 1961 (63 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista |
Miguel Ángel Costas Peón, nado en Vigo o 1 de marzo de 1961, é un guitarrista vocalista, produtor e compositor galego. Formou parte de varias bandas ao longo da súa carreira, sendo coñecido principalmente pola súa etapa en Siniestro Total e Aerolíneas Federales.
Biografía
[editar | editar a fonte]Siniestro Total
[editar | editar a fonte]A principios de 1980 forma xunto con Germán Coppini como vocalista e Julián Hernández á batería o grupo Coco y los del 1.500, no que el fai de guitarrista. Entre finais de agosto e principios de setembro de 1981 cambian o nome do seu outro grupo, que comparte con Alberto Torrado e Julián Hernández, Mari Cruz Soriano y los que Afinan su Piano, por Siniestro Total. Cando Coppini deixa a banda, el pasa a ser vocalista e guitarrista ata que deixa o grupo en 1994.
Aerolíneas Federales
[editar | editar a fonte]Miguel Costas formou en Vigo en 1981 un grupo, Aerolíneas Federales, con Flechi e Silvino Carreras, baixo os pseudónimos New Border, Federico Flechini e Bollito Singerman respectivamente. A partir de 1983 incorpórase ao grupo un batería chamado Luís Santamarina (Donna Sangre) e Flechi pasa a ser cantante da banda. Máis tarde súmanse ao grupo Coral Alonso e Rosa Costas como coristas; Flechi abandona máis tarde a banda ao non atoparse a gusto co novo estilo da banda. A seguinte formación da banda está composta por Miguel Costas, Silvino, Luís e as aerolinettes Coral Alonso e Rosa Costas. Finalmente, Miguel Costas marchou ao non poder estar á vez en Siniestro Total e en Aerolíneas Federales.
Los Feliz
[editar | editar a fonte]Logo da súa saída de Siniestro Total, formou en Vigo a súa nova banda, sendo o guitarrista e cantante, xunto a Javier Martínez á batería, Martín Esturado á segunda guitarra e Pedro Feijoo ao baixo.
Miguel Costas e La Banda Turca
[editar | editar a fonte]Ao deixar Los Feliz, formou a súa nova banda, Miguel Costas y La Banda Turca, onde foi o guitarrista e vocalista, xunto aos músicos coruñeses Juan Naya á guitarra, Landy ao baixo, e Iván á batería. Con esta nova banda tocou novos temas de actualidade e os grandes éxitos que compuxo nos seus grupos anteriores.
COSTAS Banda
[editar | editar a fonte]A actual banda de Miguel Costas está formada por Juan Naya á guitarra e coros, Jose Bonham batería e coros, Coché Villanueva baixo e coros, e Miguel Costas voz e guitarra.
Discografía
[editar | editar a fonte]Con Siniestro Total
[editar | editar a fonte]- ¿Cuándo se come aquí? (1982)
- Siniestro Total II: El Regreso (1983)
- Menos mal que nos queda Portugal (1984)
- Bailaré sobre tu tumba (1985)
- Gran D Sexitos (1986)
- De hoy no pasa (1987)
- Me gusta cómo andas (1988)
- En beneficio de todos (1990)
- Ante todo mucha calma (1992)
- Made in Japan (1993)