De hoy no pasa é o quinto álbum da banda viguesa Siniestro Total, editado en abril do ano 1987 a través do selo DRO. Gravouse nos estudios Trak de Madrid por Eugenio Muñoz e Paco Trinidad, que tamén se encargou da produción. No ano 2002 lanzouse unha reedición remasterizada con sete temas extra, seis deles gravados nas mesmas sesións que as cancións do álbum orixinal, e o outro un ano antes para o programa de TVEAumba-buluba-balam-bambú.[1]