Aeroporto de Ålesund, Vigra
Aeroporto de Ålesund, Vigra Ålesund lufthavn, Vigra
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Avinor | ||
Cidade/Illa | Ålesund | ||
Localización | Vigra | ||
Elevación (msnm) | 21 metros / 70 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
07/25 | 2 314 | 7 592 | asfalto |
Estatísticas (2013) | |||
Pasaxeiros | 1 077 209[1] |
O Aeroporto de Ålesund, Vigra (IATA: AES, OACI: ENAL) é un aeroporto internacional que serve á cidade norueguesa de Ålesund. Está situado na illa de Vigra en Giske. No ano 2013 usaron o aeroporto un total de 1 077 209 pasaxeiros, sendo o décimo máis concorrido de Noruega.[1]
O primeiro aeroporto que serviu a Ålesund foi o aeroporto de Ålesund, Sørneset, un aeródromo para hidroavións. Vigra venceu por pouco ao aeroporto de Aukra, Gossen como principal aeroporto para Møre og Romsdal e foi inaugurado o 7 de xuño de 1958. Orixinalmente contaba cunha pista de 1 600 metros e todos os voos regulares eran operados por Braathens SAFE. Agás rutas rexionais operadas por Widerøe entre 1971 e 1993, Braathens encargouse de todas as rutas ata o ano 1998. O primeiro voo internacional chegou en 1977 e en 1986 inaugurouse unha nova terminal.
Entre 1995 e 1998 o Escuadrón 330 tivo un destacamento en Vigra para os seus Westland Sea King de busca e rescate. Color Air e SAS comezaron a voar a Ålesund en 1998. Tras sufrir fortes perdas, SAS pechou Braathens e Color Air. Norwegian Air Shuttle chegou ao aeroporto despois diso, primeiro en 2004 e despois en 2008. A terminal ampliouse no ano 2007 e dende entón o aeroporto comezou a operar a varios destinos internacionais.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Aegean Airlines | Chárter estacional: Rodas |
KLM operado por KLM Cityhopper |
Ámsterdam |
Norwegian Air Shuttle | Alacant, Oslo-Gardermoen |
Scandinavian Airlines | Bergen, Oslo-Gardermoen, Stavanger Estacional: Copenhague Chárter estacional: Chania, Gran Canaria |
Scandinavian Airlines operado por CityJet |
Bergen, Trondheim |
Widerøe | Bergen, Kristiansund, Trondheim |
Wizz Air | Gdańsk, Kaunas[2] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Avinor (ed.). "Passenger statistics". Consultado o 10 de abril de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "WizzAir Expands W16 Lithuania Operations". Consultado o 10 de abril de 2018.