Saltar ao contido

Afeni Shakur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAfeni Shakur

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en-us) Alice Faye Williams Editar o valor en Wikidata
10 de xaneiro de 1947 Editar o valor en Wikidata
Lumberton, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte2 de maio de 2016 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Sausalito, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista, empresaria Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Familia
CónxuxeLumumba Shakur
Mutulu Shakur Editar o valor en Wikidata
ParellaBilly Garland Editar o valor en Wikidata
FillosTupac Shakur
 () Billy Garland
Sekyiwa Shakur
 () Mutulu Shakur Editar o valor en Wikidata
ParentesYaki Kadafi, afilhado Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1191022 IBDB: 496056
Musicbrainz: cd48a889-bbd1-4150-9144-5b7db0ba1c85 WikiTree: Williams-30747 Editar o valor en Wikidata

Afeni Shakur, nada o 10 de xaneiro de 1947 como Alice Faye Williams en Lumberton, Carolina do Norte, e finada en Sausalito o 2 de maio de 2016, foi unha importante figura do Partido Pantera Negra e nai do rapeiro Tupac Shakur.

O seu papel dentro da organización foi crucial, xa que fixo crer ao FBI, a través de artigos na prensa interna dos Panteras Negras que estes xa non existían, mentres aumentaban o seu número de militantes e a súa capacidade de acción. Anos despois sería encarcerada por reter información en relación ao grupo "Pantera 21". Tamén sería xulgada pola planificación dun atentado, aínda que no xuízo, onde se defendeu a si mesma, non se atoparon probas para condenala.

Despois do nacemento do seu fillo Tupac casou con Mutulu Shakur e converteuse ao islam. Mutulu converteríase no pai adoptivo de Tupac.

Tras a morte de Tupac Shakur en 1996 Afeni converteuse na tesoureira do seu legado musical e cultural. Para eses fins fundou en 1997 a Fundación Tupac Amaru Shakur, que inviste en programas dedicados á mocidade.