Afrocolombiano
Afrocolombiano | |
---|---|
Proporción de afrocolombianos en cada concello segundo o censo colombiano de 2005. 72,7% - 100% 45,0% - 72,6% 20,4% - 44,9% 5,8% - 20,3% 0,0% - 5,7% Sen datos | |
Poboación | |
Poboación total: 4 944 400 (censo de 2018)[1][2] 9,34% da poboación de Colombia c 7 800 000 (estimación) ~15% da poboación de Colombia[3] 15%–26%[3][4][5] dos colombianos (fontes externas) | |
Rexións principais: | |
Valle del Cauca | 647 526 |
Chocó | 337 696 |
Bolívar, Colombia | 319 396 |
Antioquia | 312 112 |
Cauca | 245 362 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Castelán colombiano, crioulo palenquero e crioulo sanandresano |
Relixión | Catolicismo (maioritario) |
Grupos relacionados | Afroamericano |
Os afrocolombianos son un grupo étnico de colombianos que teñen ascendencia subsahariana de maneira predominante ou total.[6] Nos censos nacionais de Colombia, os afrocolombianos son recoñecidos dentro de tres grupos oficiais: os raizais, os palenqueros e outros afrocolombianos.
A achega das súas expresións na vida nacional é salientable. A cumbia, un dos ritmos nacionais, e o sancocho,[7] o prato típico máis estendido, non existirían sen a súa participación. O nome de Macondo, central na creación de Gabriel García Márquez, ten orixe africana. Entre as achegas que a UNESCO recoñece como Patrimonio Inmaterial da Humanidade[8] está a festa de San Pacho en Quibdó,[9] a música de marimba do sur do Pacífico e os cantos tradicionais ao longo do Pacífico,[10] o espazo cultural de Palenque de San Basilio[11] e o entroido de Barranquilla.[12]
A súa historia comeza coa escravitude de africanos traídos a Colombia polos españois e os británicos na primeira década do século XVI. Contra 1520, os africanos eran traídos de lugares como o Congo, Angola, o Camerún, Ghana, Liberia, Gambia, Costa do Marfil, Guinea-Bissau, Serra Leoa, o Senegal e Malí[13] para substituír a poboación indíxena que diminuía rapidamente. A súa poboación medrou exponencialmente coa trata transatlántica ou comercio triangular. O longo proceso de manumisión comezado en 1851 só beneficiou os seus escravizadores,[14] mais foi o comezo dun poboamento e repoboamento libre que hoxe chega a representar o 90% da poboación na costa do Pacífico colombiano.[15] Outras rexións do país teñen porcentaxes importantes, como os máis de 110 mil afrodescendentes en Bogotá (datos de 2013).[16]
Contra mediados do século XX a poboación negra atopábase na súa maioría nas dúas costas do país; nos departamentos do Pacífico (Cauca, Chocó, Nariño e Valle del Cauca) e nos da costa Caribe (Antioquia, Atlántico, Bolívar, Cesar, Córdoba, La Guajira, Magdalena, San Andrés e Sucre). Durante o último medio século, un importante sector da poboación negra instalouse nas principais cidades do país. Colombia é actualmente o país de fala hispana con maior poboación afrodescendente, e o cuarto de América despois do Brasil, os Estados Unidos e Haití.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Estadística de los grupos étnicos 2018". Censo General 2018. Departamento Administrativo Nacional de Estadística (DANE). Consultado o 10 de febreiro de 2020.
- ↑ Central Intelligence Agency (2016). "Colombia". The World Factbook. Langley, Virginia: Central Intelligence Agency. Consultado o 1 de xaneiro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 "Informe 2018". Barometro. Consultado o October 3, 2022.
- ↑ [Detector: la cifra de afros en Colombia de Francia Márquez es debatible https://www.lasillavacia.com/detector-de-mentiras/detector-la-cifra-de-afros-en-colombia-de-francia-marquez-es-debatible/]
- ↑ "Cátedra de Estudios Afrocolombianos". Ministry of National Education. 2001.
Los afrodescendientes representan aproximadamente 26% de la población total del país, alrededor de 10 y medio millones de personas, es decir, la cuarta parte de los colombianos.
- ↑ "Afro-Colombians". Minority Rights Group (en inglés). 19 de xuño de 2015. Consultado o 2021-09-08.
- ↑ Cardona Tobón, Alfredo. Su majestad el sancocho. En: Historia y región, febreiro de 2011.
- ↑ Sector de Cultura da UNESCO. Elementos sobre as listas de patrimonio cultural inmaterial, (Colombia). París, 2012.
- ↑ [1]
- ↑ [2]
- ↑ [3]
- ↑ [4]
- ↑ Orixe dos AfroColombianos. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 8 de abril de 2016. Consultado o 22 de maio de 2016.
- ↑ Tovar, Jorge A. La Manumisión en Colombia: 1821 -1851. Un análisis cuantitativo. Bogotá: Universidad de los Andes, 2007.
- ↑ Biblioteca Virtual Luis Ángel Arango. Pacífico colombiano Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine.. Bogotá, 2012.
- ↑ Diario El Tiempo. Bogotá negra (especial multimedia). Bogotá, 2 de outubro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Colombia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Afrocolombiano |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Afro-Colombian Solidarity Network". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2020.>
- AfroColombiany.org Afro-Colombian News (en inglés)