Saltar ao contido

Castelán colombiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelán colombiano
Outros nomes:Español colombiano
Falado en: Colombia
Total de falantes: 49,6 millóns (2018)[1]
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Occidental
    Galoibérica
     Iberorrománica
      Ibero-occidental
       Castelán
        Castelán colombiano
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Colombia
Regulado por: Academia Colombiana da Lingua
Códigos de lingua
ISO 639-1: es
ISO 639-2: spa
ISO 639-3: spa
SIL: SPN
Mapa
Status

O castelán colombiano é a variedade da lingua castelá ou español que é falado na República de Colombia como a súa lingua nacional oficial e común.[2] É o segundo país do mundo con máis falantes nativos de castelán en cifras absolutas, logo de México. O 99,2% da poboación fala castelán,[3] sobre unha poboación de máis de 50 millóns de persoas (2020).[4] O termo ten máis relevancia xeográfica ca lingüística, xa que os dialectos que se falan nas diversas rexións de Colombia son bastante diversos. As falas das áreas costeiras tenden a exhibir innovacións fonolóxicas típicas do castelán caribeño, mentres que as variedades das terras altas foron historicamente máis conservadoras. O castelán é cooficial nos territorios de grupos étnicos de linguas e dialectos indíxenas, e a educación neles é bilingüe.[2] No país fálanse arredor de 10 dialectos da lingua castelá. A fala de Bogotá, unha variedade polo xeral conservadora do castelán colombiano, ten un alto prestixio social entre os falantes de castelán de toda América Latina.[5]

Principais dialectos

[editar | editar a fonte]

En Colombia existen distintos dialectos como resultado da súa complexa xeografía marcada por tres cordilleiras dos Andes que deu como resultado pouco acceso e comunicación entre as rexións. Son distinguibles para calquera falante de castelán os dialectos andinos e os dialectos costeiros do Caribe e do Pacífico.[6]

En liñas xerais, os dos macrodialectos colombianos, os costeiros e os de interior, amosan claros paralelismos cos dialectos meridionais e setentrionais de España respectivamente. O castelán do interior, semellante ao español setentrional, de consonantismo forte, articula con claridade a -s postvocálica ou final de palabra, ten -n final alveolar firme e non debilita o -l preconsonántico en [r]. O castelán costeiro é semellante ao español meridional de España, de consonantismo débil, debilita o -s postvocálico ou final ("los costeños" > "loh cohteño"), articula o -n como velar (camión > camiong) e nalgunhas zonas debilita o -l preconsántico en [r] ("alguno > arguno"). En morfoloxía, o de interior conserva de forma parcial o voseo antigo castelán (zona occidental) mentres que o costeiro fai uso extenso de como en toda a conca do Caribe. Cómpre sinalar que no sur da Guajira e o norte de Cesar, úsase un voseo verbal semellante ao do veciño estado venezolano de Zulia.

A partir destas 2 "superzonas" dialectais, pódese realizar a seguinte división:

  1. Instituto Cervantes, El Español: Una Lengua Viva (2018), «1. El Español en Cifras», pp. 6-7
  2. 2,0 2,1 Senado de Colombia. "CONSTITUCION POLÍTICA DE COLOMBIA - ARTÍCULO 10". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 13 de febreiro de 2012. 
  3. Páxina 28 de: Demografía de la lengua española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine..
  4. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 5 de setembro de 2015. 
  5. (Lipski 1994, pp. 205–207)
  6. José Joaquín Montes Giraldo. "El español de Colombia - Propuesta de clasificación dialectal" (PDF). Consultado o 13 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]