Castelán paisa
Castelán paisa | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Español paisa | |
Falado en: | Colombia | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Occidental Galoibérica Iberorrománica Ibero-occidental Castelán Castelán paisa | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | es
| |
ISO 639-2: | spa | |
ISO 639-3: | spa
| |
SIL: | SPN
| |
Mapa | ||
Status | ||
O castelán paisa é a variedade do castelán falado na Rexión Paisa de Colombia, que abrangue a maior parte dos departamentos de Antioquia, Caldas, Risaralda e Quindío, así como no leste e norte de Valle del Cauca e noroeste de Tolima. É facilmente recoñecible polo seu distintivo vocabulario, a súa entonación e a pronuncia apicoalveolar do /s/.
Historia
[editar | editar a fonte]O castelán paisa tivo a súa orixe na época colonial, xa que gran parte dos colonos de Antioquia proveñen de rexións de España onde se fala un castelán semellante e cun indiscutible compoñente sefardí, como Estremadura, Asturias, Cantabria, Navarra, Aragón e o País Vasco. O feito de que a Rexión Paisa estea nunha das zonas máis montañosas de América do Sur, cruzada polas cordilleiras Central e Occidental dos Andes colombianos, contribuíu a crear unha barreira de illamento natural que derivou en que a sociedade rural conservadora continuara falando un castelán moi achegado ao dos conquistadores do século XVI.[1]
O castelán da rexión paisa caracterízase polo voseo, que mantén a súa conexión co xudeoespañol, e pola intensa pronunciación do "s", emitido como /s/ cóncava ([s̺] apicoalveolar que lembra ao son sh). Ademais, o castelán paisa caracterízase por moitos colombianismos únicos desta rexión.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ https://www.youtube.com/watch?v=6bwF64Py6dw], ¿Cómo se transmite el español en la región de Antioquia?