Castelán cordobés
O castelán cordobés é unha variedade rexional da lingua castelá falada polos habitantes da cidade de Córdoba, Arxentina, e os seus territorios adxacentes. Coñecido como cordobés ou tonada cordobesa, este acento é a miúdo o obxecto de referencias humorísticas nos medios de comunicación arxentinos e da cultura popular.[2]
Este dialecto ten diferenzas salientables respecto das provincias que arrodean Córdoba. Non semella ter relación con ningún outro dialecto da rexión e isto é motivo de interrogantes sobre a orixe das súas características. É posible que proveñan dun substrato dos comechingóns, que na súa última época poboaron ese territorio.[3][4]
Tamén existe o misterio da semellanza entre o dialecto cordobés e o chileno, aparentemente pola cantidade de andaluces e vascos que chegaron a estes lugares, que é a respuesta ao vocabulario chileno. A tonada cordobesa salienta pola prolongación do son da vogal presente na sílaba anterior á tónica, e das vogais da sílaba tónica en palabras esdrúxulas de tres sílabas.[5] A tonada tamén tende a alongar o final das palabras.
Segundo Donni de Mirande (1991) e Vidal de Battini (1964), o dialecto cordobés (ou central), abrangue a maior parte das provincias de Córdoba e San Luis (influída pola súa proximidade e polo impacto dos medios de comunicación cordobeses).[1][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Berta Elena Vidal de Battini, The Spanish of Argentina, Buenos Aires, National Board of Education, 1966.
- ↑ "La televisión ama la tonada cordobesa". Día a Día. 21 de outubro de 2013. Consultado o 6 de abril de 2014.
- ↑ Álvarez, Luis Rodolfo (2003). "6". Las lenguas aborígenes: Testimonio de nuestras raíces. Córdoba, Arxentina: Alción Editora. p. 136.
- ↑ "La tonada cordobesa y su origen comechingón". La Mañana de Córdoba. 6 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2013. Consultado o 6 de abril de 2014.
- ↑ Audio de Luis Juez, con típico acento cordobés..
- ↑ Maya Lucila Zarza; Eva Garrigosa Solà; María Eugenia De la Torre; Sarah Stijnen. "El español de Argentina". Facultade de Filoloxía, Universidade de Barcelona. Consultado o 6 de abril de 2014.