Saltar ao contido

Castelán boliviano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelán boliviano
Outros nomes:Español boliviano
Falado en: Bolivia
Total de falantes: 4,5 millóns (2014)
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Occidental
    Galoibérica
     Iberorrománica
      Ibero-occidental
       Castelán
        Castelán boliviano
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Bolivia
Regulado por: Academia Boliviana da Lingua
Códigos de lingua
ISO 639-1: es
ISO 639-2: spa[1]
ISO 639-3: spa
SIL: SPN
Mapa
Status

O castelán boliviano é a variedade do castelán falado en Bolivia pola maior parte da poboación, ora como lingua nai ora como segunda lingua. Na maneira de falar o castelán os bolivianos amosan diferentes acentos e modismos. Nas rexións lindeiras con outros países comparten os mesmos trazos, como tamén pode haber voces ou palabras diferentes.

Na rexión oriental de Bolivia, que abrangue territorios cálidos, o uso do castelán tende a ser maior ca nos departamentos da rexión occidental, onde as linguas orixinarias como o quechua e o aimará contan cunha maior cantidade de falantes maternos có castelán.

  1. "ISO 639-2 Language Code search". Library of Congress. Consultado o 21 de setembro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]