Rexión do Pacífico de Colombia
A Rexión do Pacífico de Colombia[1] atópase no oeste do país, a carón do océano Pacífico, do cal toma o seu nome. Limita polo norte con Panamá, polo sur con Ecuador e polo leste cos Andes. As principais cidades son Buenaventura, Tumaco e Quibdó.
É unha rexión cunha inmensa riqueza ecolóxica, hidrográfica, mineira e forestal na cal se atopan parques nacionais naturais. É considerada unha das rexións de maior biodiversidade e pluviosidade do planeta con precipitacións de 4 000 mm/anuais segundo o Ministerio de Minas e Enerxía de Colombia.[2] É tamén a terra da cultura afrocolombiana e de numerosas tribos indoamericanas que foron denominadas "chocoes" polos españois no momento da Conquista, aínda que o termo inclúe familias lingüísticas de diferente orixe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Regiones Naturales de Colombia (Mapa) (1997 ed.). IGAC. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2013. Consultado o 4 de agosto de 2013.
- ↑ Memoria Explicativa, mapa geológico de Colombia, 1988, Ministerio de Minas y Energía, Ingeominas, Autodiagnóstico Minero del Cauca Indígena CRIC, Cauca, outubro de 2005
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rexión do Pacífico de Colombia |