Agaricus excellens
Agaricus excellens | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Agaricus excellens | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Agaricus excellens' F.H.Møller (1952) | |||||||||||||||
Sinonimia[1][2] | |||||||||||||||
|
Agaricus excellens é un raro fungo do xénero Agaricus. É unha especie nativa de Europa.[3]
Descrición
[editar | editar a fonte]Píleo: é de cor amarela esbrancuxado. Ten de 10 a 15 cm de diámetro, é convexo e un pouco aplanado, con coloración lixeiramente amarelada no centro, sobre todo ao envellecer, está densamente cuberto de pequenas escamas fibrosas da mesma cor.[4][5]
Estipe: o talo é de 100-140 x 20-35 mm, de cor branca; o anel é groso e branco. A parte inferior é escamosa ou fibrilar.[4]
As Láminas son de cor rosa clara.[4][5]
Esporas e características microscópicas: ten esporas de cor negra violácea, de forma elíptica, que miden de 9-12 x 5-7μ.[5][6]
Carne e cheiro: a carne do sombreiro (píleo) é de cor branca-avermellada. Ten un sabor doce, e cheira un pouco a anís e améndoas.[5][6]
Hábitat
[editar | editar a fonte]Normalmente atópase nos bosques de coníferas e caducifolios, crece durante o outono e no verán entre a herba de bosques abertos, especialmente de abetos. Atópase tipicamente en altitudes de entre 0 a 914 metros.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Agaricus excellens". Rogers Mushrooms. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2010. Consultado o 19 de abril de 2016.
- ↑ "Agaricus excellens (F.H. Møller) F.H. Møller 1952". MycoBank. Consultado o 1 January 2000.
- ↑ 3,0 3,1 "Agaricus excellens". Zipcode Zoo. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2012. Consultado o 19 de abril de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Agaricus excellens". Rogers Mushrooms. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2010. Consultado o 19 de abril de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 "Agaricus excellens". MushLook. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2012. Consultado o 19 de abril de 2016.
- ↑ 6,0 6,1 "Agaricus excellens". Rogers Mushrooms. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2010. Consultado o 19 de abril de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agaricus excellens |