Saltar ao contido

Champiñón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Agaricus»)
Champiñóns

Os champiñóns (do francés champignon, procedente do latín vulgacampiniolus, derivado de campania ‘do campo’)[1] chamados formalmente agáricos[2] e tamén chamados cogordas[3] son fungos do xénero Agaricus. O máis coñecido é o champiñón común Agaricus bisporus.

Trátase dun cogomelo de cor branca, co sombreiro redondo, que cando chega á súa madurez esténdese, pero sempre co bordo cara a dentro. As láminas son brancas en principio, pasando a rosadas e despois marróns. É comestíbel, e se ten as láminas de cor marrón, é mellor quitarllas.

Especies (selección)

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Especies do xénero Agaricus.

En Galiza existen varias especies bravas coma o fungo dos lameiros ou fungo pequeno das febras (Agaricus campestris), a bóla de neve (Agaricus arvensis) ou a bóla de neve dos bosques (Agaricus silvicola). A maioría dos champiñóns son comestíbeis. Especies tóxicas como Agaricus xanthoderma caracterízanse por un cambio de cor en amarelo cromo cando se cortan. Algunhas especies salientábeis deste xénero son:

  1. "Champiñón". Portal das Palabras. Consultado o 22 de outubro. 
  2. Nome recomendado para o xénero polo Gran dicionario Xerais de lingua galega, Vigo, Xerais, 2009
    Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para agárico.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cogorda.