Saltar ao contido

Bóla de neve

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Agaricus arvensis»)

Este artigo trata sobre un fungo, para o arbusto "Viburnum opulus" véxase o artigo: Flor do mundo.

Bóla de neve

Bóla de neve (Agaricus arvensis)
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Subclase: Homobasidiomycetidae
Orde: Agaricales
Familia: Agaricaceae
Xénero: ''Agaricus''
Especie: A. arvensis
Nome binomial
'Agaricus arvensis'
Schaeff.

A bóla de neve[1] Agaricus arvensis, é unha especie de fungo comestíbel, basidiomicetos da familia Agaricaceae.

Características

[editar | editar a fonte]

Foi descrito por Jacob Christian Schaeffer en 1762. A forma do chapeu (Píleo) é convexa, a superficie é seca e a súa cor é branca, tornándose en amarelento coa madureza, a carne é branca cun cheiro doce que lembra ao das améndoas. Miden até 20 centímetros de diámetro, o pé é de cor abrancazada, cun anel, e pode medir até 4,5 centímetros de longo e 3,5 centímetros de espesor.

Comestibilidade

[editar | editar a fonte]

É comestíbel e está considerado un dos cogomelos máis ricos polo seu sabor. Atópanse en feixes preto das corte e entre os pastos e en campos de xogo, en Galiza e Gran Bretaña, medran polo outono preto do inverno.

  • Ollo!: A determinación dun fungo e a súa comestibilidade poden ser realizadas e certificadas por micólogos expertos, ou polos centros de control das autoridades sanitarias competentes. A información errónea ou incompleta pode causar danos por envelenamento ou intoxicación mortal. Non consuma cogomelos apañados no monte sen o consello dun experto, xa que podería pór en risco a saúde e incluso a vida a vostede e aos seus convidados.
  1. Nome vulgar en galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]