Agripa (astrónomo)
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século I ![]() |
Morte | século I ![]() |
Actividade | |
Ocupación | astrónomo ![]() |
- Para outras persoas chamadas Agripa, ver Agripa.
Agrippa foi un astrónomo grego do século I. No ano 92 realizou unha observación astronómica citada por Claudio Tolomeo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tolomeo escribe [1] no doudécimo ano do reinado de Tito Flavio Domiciano, no sétimo día do mes bitinio de Metrous, Agripa observou a ocultación dunha parte das Pléiades pola parte máis setentrional da Lúa. O propósito da observación de Agripa foi probabelmente verificar a precesión dos equinoccios, que foi descuberta por Hiparco de Nicea.
No ano 1935, decidiuse na súa honra chamarlle «Agrippa» a un cráter de impacto lunar situado no bordo sueste do Mare Vaporum[2].
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Imago Mundi: Agrippa (en francés)
- Crater Agripa Arquivado 30 de maio de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)