Agrupación Electoral Independiente del Condado de Treviño
Agrupación Electoral Independiente del Condado de Treviño | |
---|---|
Tipo | partido político español |
Ideoloxía | Nacionalismo vasco e Áraba |
Data de fundación | 1991 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Agrupación Electoral Independiente del Condado de Treviño (Agrupación Electoral Independente do Condado de Treviño en galego) (AEI) é unha agrupación de electores que actúa no enclave burgalés de Treviño, concretamente no concello do Condado de Treviño.
Historia e ideoloxía do partido
[editar | editar a fonte]A AEICT ten como un dos seus obxectivos principais a integración do enclave de Treviño en Áraba.[1] Os seus argumentos a prol da integración son a vontade da maioría dos treviñeses, e os problemas que sofre Treviño, especialmente no eido dos servizos públicos, polo feito de pertencer a Burgos.[2]
Eleccións municipais
[editar | editar a fonte]Mentres que nas eleccións de 2003 AEICT se fixo co goberno municipal, nas eleccións municipais de 2007, obtiveron só 4 dos 11 concelleiros (PP: 5 concellarías; AEICT: 4; ANV: 1; PSOE: 1).
Nas eleccións municipais de 2011 a AEICT obtivo 2 dos 9 concelleiros que compoñen a corporación municipal (PP: 3 concellarías; Agrupación Ciudadanos Condado de Treviño: 2; AEICT: 2; PNV: 1; Bildu: 1). Tras un período de goberno municipal do PP en minoría, o 14 de decembro de 2012, grazas a unha moción de censura, o representante da AEICT Ignacio Portilla obtivo a alcaldía.
O novo alcalde xunto co alcalde de La Puebla de Arganzón[3] lidera unha iniciativa para pedirlle ao Goberno Vasco[4] que formule ao Congreso dos Deputados unha petición de integración do Condado de Treviño en Áraba.[5] O que provocou o rexeitamento desta iniciativa por banda da Xunta de Castela e León[6][7] e a Deputación de Burgos[8].
Nas eleccións municipais de 2015, a agrupación obtivo dous concelleiros.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ignacio Portilla: Comeza a conta atrás para a anexión de Treviño a Áraba. El Mundo, consultado o 14/04/2013.
- ↑ O Condado de Treviño a punto de caer en mans dos independentistas. Xornalista Dixital, consultado o 14/04/2013.
- ↑ http://www.abc.es/local-castilla-leon/20130930/abci-trevino-pide-vasco-ceda-201309301415.html
- ↑ http://www.elnortedecastilla.es/20131003/local/burgos/parlamento-vasco-aprueba-pedir-201310031722.html
- ↑ http://www.elmundo.es/elmundo/2012/12/14/castillayleon/1355502967.html
- ↑ http://www.abc.es/local-castilla-leon/20130620/abci-junta-rechaza-solicitud-segregacion-201306201405.html
- ↑ http://www.europapress.es/castilla-y-leon/noticia-junta-rechaza-segregacion-trevino-basada-prestacion-servicios-aspectos-sociales-culturales-20130620142337.html
- ↑ http://www.abc.es/local-castilla-leon/20130620/abci-diputacion-burgos-rechaza-peticion-201306201410.html
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 31 de maio de 2015.