Aguia esteparia
Aguia esteparia | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Individuo en Jorbeer, Bikaner, Rajastán | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() En perigo[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
![]() Distribución de A. nipalensis Reprodutores De paso Non reprodutores
| |||||||||||||||||
Subespecies[2] | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Aquila rapax nipalensis |
A aguia esteparia[4] (Aquila nipalensis) é unha ave rapaz grande da familia Accipitridae, que se reproduce en Rusia, Kazakhstán, Mongolia e China e migra a África, sur de Asia e Oriente Próximo, e pode aparecer como vagante en Europa.[5] As patas ben cubertas de plumas da aguia esteparia indica que perence á subfamilia Aquilinae.[6] Esta especie considerábase antes que estaba estreitamente relacionada coa sedentaria aguia rapaz (Aquila rapax) e as dúas formas foron previamene tratadas como conespecíficas (constituía a subespecie Aquila rapax nipalensis). Esta división en dúas especies estivo baseada nas pronunciadas diferenzas de morfoloxía e anatomía;[7][8] dous estudos moleculares, ambos feitos sobre un pequeno número de xenes, indican que as especies son distintas pero non están de acordo no grao en que están relacionadas.[8][9][10]
A aguia esteparia é en moitos aspectos unha especie peculiar de aguia. É un predador especializado de esciúridos de terra nos terreos de reprodución, capturando tamén outros mamíferos pequenos e outras presas, facéndoo máis a miúdo cando os esciúridos de terra son máis escasos.[11] En áreas con poucas árbores dos hábitats de estepa, estas aguias tenden a nidificar nunha lixeira elevación do terreo, a miúdo preto dun afloramento rochoso, pero pode tamén facelos en zonas chairas e abertas. Son a única aguia que nidifica prinicipalmente no chan.[12] Usualmente, poñen dun a tres ovos e, nos niños que teñen éxito, un ou dous polos consiguen emplumar.[13] A aguia esteparia realiza unha migración masiva desde esencialmente toda a súa área de reprodución, trasladándose en masa polas principais vías de migración, especialmente as de Oriente Próximo, mar Vermello e os Himalaias.[5] En inverno, aínda que isto está menos estudado que durante a reprodución, a aguia esteparia é salientable pola súa ecoloxía de alimentación indolente e case pasiva, centrándose en enxames de insectos, vertedoiros de lixo, prea e as crías semialtriciais de diversos animais, carecendo do comportamento ousado e predador das especies emparentadas.[14][15] Aínda que se poden ver miles de exemplares nos sitios de migración e en maior número que outras aguias da súa zona, a poboación das aguias esteparias declinou rapidamente.[16] As ameazas a esta especie son o incremento de incendios na estepa e de insectos que son pragas para os niños (ambos probablemente máis frecuentes debido ao quecemento global), que poden causar o fracaso dun gran número de niños. Rivalizando con estes factores, o declive foi acentuado polas molestias e persecución dos humanos, así como polo gando que pisa os niños. As aguias esteparias en voo morren en cantidades alarmantes, especialmente na nación que é o bastión para a súa reprodución, Kazakhstán, por electrocución nos perigosos cables e torres eléctricos.[1][17] Debido a estas e outras razóns, o declive desta especie pénsase que excede o 50 %. Por tanto, a especie é considerada en perigo pola IUCN.[1] A aguia esteparia aparece no centro da bandeira de Kazakhstán e é a ave nacional de Kazakhstán e de Exipto.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A aguia esteparia describiuna o naturalista británico Brian Houghton Hodgson en 1833. Aquila é a palabra latina para aguia e nipalensis significa 'do Nepal' pola localización onde se recolleu o espécime tipo, seguramente cando migraba.[15] Porén, Samuel G. Gmelin describira anteriormente esta especie e chamáraa Aquila mogilnik, pero, aínda que este nome tiña prioridade, considerouse incorrectamente que era un nomen dubium e despois un nomen oblitum.[3] Pertence á subfamilia Aquilinae (aguias de patas emplumadas) e á familia Accipitridae.[5][6][18][19][12][20][21]
A aguia esteparia foi historicamente considerada conespecífica coa aguia rapaz ata que foron separadas en 1991[22][23][24] [5] debido a diferenzas en morfoloxía, coloración, historia vital e comportamento.[7][8][10][25] As probas xenéticas reforzaron a validez desta separación. Xeneticamente, as aguias esteparias son máis basais respecto de especies relacionadas como a aguia rapaz.[8][26] Unha especie fósil probablemente relacionada é Aquila nipaloides, atopada en Italia e Francia.[27] Crese que a aguia imperial oriental se hibrida coa aguia esteparia na natureza.[28][29]
Xeralmente considerouse que a aguia esteparia contiña dúas subespecies. Unha era a subespecie nomeada, A. n. nipalensis, que se reproduce na parte leste da súa distribución, mentres que a poboación que se reproduce no oeste, atopada principalmente en Kazakhstán e a Rusia europea, constituía a subespecie A. n. orientalis. Os individuos da poboación do leste son máis grandes e pesados. As aves de máis ao leste tenden a ser de cores máis escuras e a ter unha mancha máis ampla na caluga.[5][12] A pesar de todo isto, os investigadores rusos e occidentais coinciden agora en que a especie é, en realidade, monotípica. Atopouse que as previamente consideradas subespecies parecen solaparse na súa área de reprodución e acaban sendo indistinguibles no punto de intersección kazakho-ruso. As principais diferenzas (tamaño, cor) poden ser explicados como variacións clinais debido ao ambiente. As poboacións reprodutoras do leste e oeste son insuficientemente alopátricas e presentan forte introgresión para ser propiamente consideradas como verdadeiras subespecies.[7][9][30]
Descrición
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/56/Steppe_Eagle%27s_Gape.jpg/220px-Steppe_Eagle%27s_Gape.jpg)
A aguia esteparia é grande e robusta, de cor principalmente marrón escura de pescozo longo pero groso e cabeza relativamente pequena pero cun bico forte e unha longa liña da comisura do bico. Ten ás longas e unha cola alongada en vez de redondeada e patas con moitas plumas. Adoitan pousarse en posición bastante ergueita e fano en zona aberta, a miúdo utilizando árbores illadas, postes, rochas ou outros lugares altos. Pode pasar longos períodos no chan e camiñar en postura horizontal e coas puntas das ás superando o extremo da cola.[5] O adulto é marrón con centros negros nas plumas cobertoiras grandes. Teñen normalmente áreas avermelladas ou amarelas-laranxas apagadas na caluga e parte de atrás da coroa.[5][15][31] A gran liña da comisura do bico corre ata a parte de atrás do ollo e é máis longa que en calquera outra Aquila.[5][15] Os individuos xoves son case sempre máis claros que os adultos,[15][32] de cor marrón a marrón cincenta nas partes dorsais excepto normalmente a área da caluga beixe avermellada[5] e con puntas brancas nas grandes cobertoiras negras, ás e cola e unha banda estereita cor crema nas medianas marróns, e a parte ventral do corpo é igual que a superior ou algo máis clara. A plumaxe vai progresivamente desgastándose e cambiando á de adulto, a cal adquiren no quinto ano. Os adultos teñen ollos de cor marrón a abelá, e os xoves téñenos marróns escuros; a cera sobre o bico e os pés son amarelos en todas as idades.[5][15]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5a/Steppe_Eagle_%28Aquila_nipalensis%29_%2824890757897%29.jpg/220px-Steppe_Eagle_%28Aquila_nipalensis%29_%2824890757897%29.jpg)
En voo levan as ás cos bordos paralelos con 7 amosegas moi alongadas. A envergadura alar é unhas 2,6 veces maior que a lonxitude total do corpo.[5] Na parte superior das ás mostran unha área cincenta. Na parte inferior das ás poden ter un crecente carpal moi pequeno máis ou menos marcado. As plumas de voo son cincentas e todas teñen 7 ou 8 barras negras ben espazadas, e as dos dedos son anegradas. Na parte ventral dos adultos mostran plumas de voo grises con barras escuras e cola e puntas das ás cos bordos traseiros negros.[5][12][32][33] Chegan á madurez aos 4 ou 5 anos.[32][34]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/61/Aravalli_BiodivPark_Gurgaon_DSC9208_steppe_eagle.jpg/220px-Aravalli_BiodivPark_Gurgaon_DSC9208_steppe_eagle.jpg)
Tamaño
[editar | editar a fonte]É unha ave grande, pero dentro das Aquila é de medio tamaño.[5][35] As femias poden ser un 15 % máis grandes con gran dimorfismo sexual no peso.[5] A lonxitude total pode oscilar entre 60 e 89 cm nos adultos.[15][36][37] A envergadura alar é moi variable, entre 165 e 262 cm (os máximos danse nas grandes aguias esteparias do Altai).[5][37][38][39][40] O peso é de 2,5 a 3,5 kg en machos e 2,3 a 4,9 en femias en Rusia.[31][5][41][42][43][44] A corda alar pode medir de 510 a 610 mm en machos e de 536 a 640 mm en femias. A cola pode medir de 238 a 295 mm en ambos, o tarso pode ser de 85 a 96 mm en machos e de 92 a 98 mm en femias, o que é relativamente curto para unha aguia.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2020). "Aquila nipalensis" 2020: e.T22696038A180479129. doi:10.2305/IUCN.UK.2020-3.RLTS.T22696038A180479129.en.
- ↑ Gill F, D Donsker & P Rasmussen (Eds). 2020. IOC World Bird List (v10.2). doi : 10.14344/IOC.ML.10.2.
- ↑ 3,0 3,1 В. П. Белик; В. М. Галушин (2019). "ИСТОРИЯ ФОРМИРОВАНИЯ НАУЧНОЙ НОМЕНКЛАТУРЫ И ВАЛИДНОСТЬ СОВРЕМЕННЫХ ИМЕН НЕКОТОРЫХ ВИДОВ ОРЛОВ РОДА AQUILA (ACCIPITRIDAE)". Зоологический Журнал (en ruso) 98 (1): 79–88. doi:10.1134/S0044513418070036.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 5,12 5,13 5,14 5,15 5,16 Ferguson-Lees, J.; Christie, D. (2001). Raptors of the World. Houghton Mifflin Harcourt. ISBN 0-618-12762-3.
- ↑ 6,0 6,1 Helbig, A. J., Kocum, A., Seibold, I., & Braun, M. J. (2005). A multi-gene phylogeny of aquiline eagles (Aves: Accipitriformes) reveals extensive paraphyly at the genus level. Molecular phylogenetics and evolution, 35(1), 147–164.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Clark, W.S. (1992). "The taxonomy of Steppe and Tawny Eagles, with criteria for separation of museum specimens and live eagles". Bulletin of the British Ornithologists' Club 112: 150–157.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 Olson, Storrs L. (1994). "Cranial osteology of Tawny and Steppe Eagles Aquila rapax and A. nipalensis". Bulletin of the British Ornithologists' Club 114: 264–267.
- ↑ 9,0 9,1 "Steppe Eagle Aquila nipalensis". globalraptors.org. Global Raptor Information Network. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2020. Consultado o 14 de abril de 2010.
- ↑ 10,0 10,1 Sangster, George; Knox, Alan G.; Helbig, Andreas J.; Parkin, David T. (2002). "Taxonomic recommendations for European birds". Ibis 144 (1): 153–159. doi:10.1046/j.0019-1019.2001.00026.x.
- ↑ Vazhov, S. V., Bachtin, R. F., Barashkova, A. N., & Smelansky, I. E. (2013). On the Study of the Steppe Eagle in the Altai Kray, Russia. Raptors Conservation, (27).
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 Brown, L. & Amadon, D. (1986) Eagles, Hawks and Falcons of the World. The Wellfleet Press. ISBN 978-1555214722.
- ↑ Karyakin, I. V., Kovalenko, A. V., Levin, A. S., & Pazhenkov, A. S. (2011). Eagles of the Aral-Caspian Region, Kazakhstan. Raptors Conservation, (22).
- ↑ Steyn, P. (1983). Birds of prey of southern Africa: Their identification and life histories. Croom Helm, Beckenham (UK). 1983.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 15,6 Naoroji, R., & Schmitt, N. J. (2007). Birds of prey of the Indian subcontinent. Om Books International.
- ↑ Weiss, N., Haviv, E., Alon, D., Perlman, Y., & Schäckermann, J. (2019). How Fast Does the Steppe Eagle Population Decline? Survey Results from Eilat, Israel. Raptors Conservation, 38.
- ↑ Karyakin, I.V. (2018). The status of the steppe eagle in the world: "white spots" in distribution, abundance, ecology and threats. Raptor Research , (S1).
- ↑ Li, Q., Lin, J., Li, S., Wang, Y., Li, W., & Zeng, Y. (2000). Studies on the evolution of mitochondrial DNA in 11 species of Accipitridae. Dong wu xue bao.[Acta zoologica Sinica], 46(2), 209–220.
- ↑ De Boer, L. E. M., & Sinoo, R. P. (1984). A karyological study of Accipitridae (Aves: Falconiformes), with karyotypic descriptions of 16 species new to cytology. Genetica, 65(1), 89–107.
- ↑ Lerner, H. R., & Mindell, D. P. (2005). Phylogeny of eagles, Old World vultures, and other Accipitridae based on nuclear and mitochondrial DNA. Molecular phylogenetics and evolution, 37(2), 327–346.
- ↑ Watson, Jeff (2010). The Golden Eagle. A&C Black. ISBN 978-1-4081-1420-9.
- ↑ Stresemann, E., & Amadon, D. (1979). Order Falconiformes. Check-list of birds of the world, 1, 271–425.
- ↑ Amadon, D. (1982). The genera of booted eagles: Aquila and relatives. Journal of the Yamashina Institute for Ornithology, 14(2–3), 108–121.
- ↑ Howard, R., & Moore, A. (1991). A complete checklist of the birds of the world (No. Ed. 2). Academic Press Ltd.
- ↑ Clark, W. S. (2005). Steppe Eagle Aquila nipalensis is monotypic. Bull. BOC, 125(2).
- ↑ White, C. M., Olson, P. D., & Kiff, L. F. (1994). Family Falconidae (hawks and eagles). Handbook of the birds of the world, 2: 52–214.
- ↑ Louchart, A., Bedetti, C., & Pavia, M. (2005). A new species of eagle (Aves: Accipitridae) close to the Steppe Eagle, from Pleistocene of Corsica and Sardinia, France and Italy.
- ↑ Karyakin, I., Kovalenko, A., & Zinevich, L. (2016). The first case of successful breeding of offspring by a mixed pair of steppe eagle and imperial eagle in Western Kazakhstan and registration of probable hybrids between the steppe eagle and burial eagle in Russia and Kazakhstan. Raptor Research , (32).
- ↑ Szilvia, J. (2015). A parlagi sas (Aquila heliaca) és a pusztai sas (Aquila nipalensis) hibridizációjának molekuláris vizsgálata (tese de doutoramento).
- ↑ Karyakin, I., Zinevich, L., Schepetov, D., & Sorokina, S. (2016). The population structure of the range of the steppe eagle and preliminary data on the genetic diversity of its populations and the status of subspecies. Feathered predators and their protection , (32).
- ↑ 31,0 31,1 Dementiev, G. P., Gladkov, N. A., Ptushenko, E. S., Spangenberg, E. P., & Sudilovskaya, A. M. (1966). Birds of the Soviet Union, vol. 1. Israel Program for Scientific Translations, Jerusalem.
- ↑ 32,0 32,1 32,2 Clark, W. S. (1996). Ageing Steppe Eagles. Birding World, 9, 269–274.
- ↑ Corso, A. (2009). Identification of some autumn raptors in Egypt. Birding World, 22, 300–308.
- ↑ Clark, W. (2004). Immature Plumages of the Eastern Imperial Eagle (Aquila heliaca).
- ↑ CRC Handbook of Avian Body Masses, 2ª edición by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (2008), ISBN 978-1-4200-6444-5.
- ↑ Oberprieler, U., & Cillié, B. (2009). The raptor guide of Southern Africa. Game Parks Publishing.
- ↑ 37,0 37,1 Beaman, M., & Madge, S. (2010). The handbook of bird identification: for Europe and the western Palearctic. A&C Black.
- ↑ Christensen, S., Nielsen, B. P., Porter, R. F., & Willis, I. (1972). Flight identification of European raptors. British Birds, 64, 247–266.
- ↑ Grimmett, R., Inskipp, C., Inskipp, T., & Baral, H. S. (2016). Birds of Nepal. Bloomsbury Publishing.
- ↑ Karyakin I.V. (2015). The Steppe Eagle (Aquila nipalensis). – Russian Raptor Research and Conservation Network.
- ↑ Kirmse, W. (1998). Morphometric features characterizing flight properties of palearctic eagles. Holarctic Birds of Prey. Merida and Berlin: ADENEX and World Working Group on Birds of Prey, 339–348.
- ↑ Mendelsohn, J. M., Kemp, A. C., Biggs, H. C., Biggs, R., & Brown, C. J. (1989). Wing areas, wing loadings and wing spans of 66 species of African raptors. Ostrich, 60(1), 35–42.
- ↑ Ostrowski, S., Fromont, E., & Meyburg, B. U. (2001). A capture technique for wintering and migrating steppe eagles in southwestern Saudi Arabia. Wildlife Society Bulletin, 265–268.
- ↑ Weiss, N., & Yosef, R. (2010). Steppe Eagle (Aquila nipalensis) Hunts a Eurasian Buzzard (Buteo buteo vulpinus) While in Migration over Eilat, Israel. Journal of Raptor Research, 44(1), 77–78.