Agustín Malvido
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de outubro de 1928 Cangas, España |
Morte | 5 de xaneiro de 2023 (94 anos) |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, político |
Agustín Malvido Broullón, nado en Cangas o 28 de outubro de 1928 e finado o 5 de xaneiro de 2023,[1] foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orfo aos catro anos. Aos oito anos trasladáronse a Vigo onde continuou no colexio Mestres Goldar. En 1940 entrou a traballar no Real Club Náutico de botóns, despois traballou de aprendiz na fábrica de Álvarez. En 1944 entrou a traballar de aprendiz de vidreiro en Vidros da Florida onde traballou até 1978 cando pechou a empresa. Foi vicesecretario provincial do sindicato vertical de construción, vidros e cerámica. En 1976 afiliouse ao SOG, foi elixido secretario comarcal da ING. Militante da UPG, foi candidato ao Senado polo BN-PG nas eleccións de 1979. Entre abril e maio de 1981 pola crise interna na UPG entre os partidarios de profesionalizar e dar máis peso ao BN-PG, o sector minoritario entre os que se encontraba Agustín Malvido e Francisco García Montes, e aqueles que se opuñan, o sector maioritario, foi expulsado da UPG xunto con todo o grupo.[2] Foi representante da CIG no Consello da Terceira Idade da Xunta de Galicia.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Falece Agustín Malvido, figura chave do sindicalismo nacionalista da Galiza". Nós Diario. 5 de xaneiro de 2023. Consultado o 5 de xaneiro de 2023.
- ↑ Expulsados varios dirigentes de Unión del Pueblo Gallego
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vigueses distinguidos. 1985-2011. Vigo: Fundación Vigueses distinguidos. 2012. p. 144.