Agustín Rodríguez González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Carracedo |
Morte | Uruguai |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | militar , político |
Familia | |
Irmáns | Eulogio Rodríguez González e Antonio Rodríguez González |
Agustín Rodríguez González, nado en Vilar de Carracedo (Carracedo, A Peroxa) a principios do século XX, foi un militar e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Agustín Rodríguez Incógnito. Marchou a Barcelona e despois a Francia. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Francia traballando como condutor de camión, e regresou a España coas Brigadas Internacionais convocado pola CNT. Combatiu na fronte de Aragón e participou na batalla de Teruel. Ao rematar a guerra foi detido en Pamplona. Despois da guerra instalouse en Cerdanyola del Vallès onde se dedicou ao straperlo co seu irmán Eulogio. Logo da morte do seu irmán Antonio e da detención de Eulogio en 1945, foi visitalo ao cárcere de Cuenca, onde foi detido. Marchou a Francia e de alí emigrou ao Uruguai. Deixoulle a súa documentación ao seu irmán Custodio.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Soledad en Cerdanyola durante a guerra civil