Saltar ao contido

Eulogio Rodríguez González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEulogio Rodríguez González
Biografía
Nacemento14 de setembro de 1916 Editar o valor en Wikidata
Vilar de Carracedo, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAntonio Rodríguez González
Agustín Rodríguez González Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 7029

Eulogio Rodríguez González, nado en Vilar de Carracedo (Carracedo, A Peroxa) o 14 de setembro de 1916, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Agustín Rodríguez Incógnito. Instalado en Langreu co seu pai que tiña unha tenda de tecidos e vendía polas aldeas, afiliouse á CNT e formouse en La Felguera. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Sama, incorporouse á CNT. Combateu no exército republicano na fronte norte, foi capturado polos franquistas na fronte de Bilbao e internado no campo de Miranda de Ebro. Despois pasou a un batallón de traballo na fronte de Madrid. En liberdade condicional, regresou a Galicia en 1940 onde retomou o oficio de vendedor ambulante de tecidos en Sama e León. Co seu irmán fuxido, Antonio, formaron un grupo guerrilleiro que actuou nos Peares e na Peroxa xunto con Salvador Gil Moure e Clemente Justo Quiroga Vázquez, e do que formaban parte os enlaces Lino Fernández Rodríguez, o seu pai Agustín Rodríguez e Severo Rodríguez Peleteiro. En agosto de 1941 marcharon a Sabadell e desde alí participou na orde de matar a Salvador Gil Moure. Detiveron ao seu pai Agustín e outros colaboradores e enlaces o 13 de febreiro de 1942.[1][2] Dedicouse ao estraperlo e foi detido en Barcelona o 21 de xuño de 1943. Pasou co seu irmán Antonio clandestinamente a Francia no verán de 1944.

Participou na Operación Reconquista de España entrando en España o 4 de outubro de 1944 coa Brigada 21 da 204 División, comandada polo asturiano Gabriel Pérez. Con José Andrés Benito Vindel, Esteban Rueda de la Hera e o seu irmán Antonio adentráronse en España, logo de pasar o Ebro atravesaron o Maestrazgo e presentáronse en Tragacete vía Teruel, nos Montes Universales. Utilizaba o nome de Ramón Iglesias Iglesias. Descubertos e perseguidos, foron cercados en Tragacete o 13 de xaneiro de 1945; José Andrés e Esteban foron abatidos e os irmáns Rodríguez lograron fuxir. Foron localizados o día 27 en Cañizares, Antonio foi abatido e Eulogio capturado dous días despois. Entrou na prisión de Cuenca o 30 de xaneiro. Foi xulgado en consello de guerra o 4 de decembro, xunto con Mariano Muñoz Magro, e condenado a 30 anos por auxilio á rebelión. Foi conducido a Ocaña en xaneiro de 1946, despois trasladado a Alcalá de Henares e finalmente a Burgos. Pasou quince anos na cadea, saíndo en liberdade condicional da Prisión Central de Burgos o 21 de decembro de 1958,[3] e estableceuse en Sabadell. Despois retornou a Carracedo.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Tresguerras en 1966 e foi pai de Agustín Rodríguez Tresguerras.

  1. El Pueblo Gallego, 18-2-1942, p. 5.
  2. La Región, 17-2-1942.
  3. BOE, 26-1-1959, p. 1498.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]