Saltar ao contido

Consuelo Rodríguez López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaConsuelo Rodríguez López
Biografía
Nacemento19 de outubro de 1919 Editar o valor en Wikidata
Soulecín, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xullo de 2019 Editar o valor en Wikidata (99 anos)
La Flotte, Francia Editar o valor en Wikidata
Outros nomesChelo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAntonia Rodríguez López
Alfonso Rodríguez López Editar o valor en Wikidata

Consuelo Rodríguez López, coñecida na guerrilla como Chelo, nada en Soulecín (Santigoso, O Barco de Valdeorras) o 19 de outubro de 1919[1] e finada na Illa de Ré o 18 de xullo de 2019,[2] foi unha guerrilleira antifranquista galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada no seo dunha familia acomodada grazas aos recursos que lograra o pai en Cuba. Porén, a guerra civil española deulle un xiro á súa vida a causa da cruel represión que se desatou en contra da súa familia; foi por isto polo que se uniu aos do monte e se converteu na guerrilleira Chelo; tiña 17 anos, e a súa mentalidade de esquerdas nacera das manifestacións da República. O seu pai, Domingo Rodríguez, e súa nai, Alicia López, foron fusilados en outubro de 1939[3] e perdeu catro irmáns (entre eles Alfonso Rodríguez López) na guerrilla.

Coa súa irmá Antonia Rodríguez López actuaron como axentes do Servizo de Información Republicana (SIR), como enlaces da Federación de Guerrillas de León-Galicia. Pasason varias veces polo cárcere, no Barco, Ponferrada e León. Ao comprobar que perigaba a súa vida, escaparon para o monte, á denominada Cidade da Selva, situada nos montes da Serra do Eixo (Carballeda de Valdeorras), onde se encontraba o campamento base dos guerrilleiros. Alí continuou a súa relación co guerrilleiro asturiano Arcadio Ríos Rodríguez. O seu compañeiro Arcadio morreu a mans da Garda Civil o 26 de xullo de 1946 durante a celebración do Congreso de Reunificación de Casaio con Francisco Elvira Cuadrado.

Logrou pasar a Francia en 1949 onde residiu.

Recoñecemento

[editar | editar a fonte]

En 2004 o Concello do Barco de Valdeorras colocou unha placa en Soulecín en memoria de seus pais. En 2019 foi recoñecido o seu labor co Premio Mártires da Liberdade, convocado pola Asociación Cultural e Teatral Abril de Lume e Ferro en Carral.[4]

  1. "Sergio Peñamaría de Llano, un alcalde franquista con rúa na Coruña", en Praza Pública, 4 de abril de 2018.
  2. "Morre no exilio francés a guerrilleira de Soulecín Chelo Rodríguez". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2019. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  3. "Muere Chelo, la última guerrillera antifranquista de Galicia" (en castelán). 23 de xullo de 2019. Consultado o 25 de xullo de 2019. 
  4. Marco, Aurora (11 de setembro de 2019). "A traxectoria e as viaxes da guerrilleira Consuelo Rodríguez López". Consultado o 20 de setembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Marco, Aurora (2011). Mulleres na guerrilla antifranquista galega. Brión: Laiovento. ISBN 978-84-8487-211-5. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.