Manuel Fernández Soto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1902 ![]() Mugardos, España ![]() |
Morte | 22 de xuño de 1949 ![]() Penacova, España ![]() |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo ![]() |
Lugar de sepultura | Teilán ![]() |
Outros nomes | Coronel Benito Soutiño ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Partido político | Partido Comunista de España ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española ![]() |
Premios | |
![]() |
Manuel Fernández Soto, coñecido como Coronel Benito ou Soutiño, nado en Mugardos en 1902 e finado en Penacova (Bóveda) o 22 de xuño de 1949, foi un militar, político e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mariñeiro do acoirazado Jaime I cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, ao ano seguinte afiliouse ao PCE. Ao final da guerra civil estivo no campo de concentración de Bicerta (Tunisia). Despois marchou á Unión Soviética, alistouse no Exército Vermello en agosto de 1942 e loitou na segunda guerra mundial nunha unidade da NKVD, combatendo nos Cárpatos ata novembro de 1944. Polos seus méritos foille concedida a Orde da Guerra Patria.
Trasladouse á Arxentina e a finais de 1945 volveu a Galicia para formar parte da dirección da guerrilla e do PCE. Logo da caída da dirección guerrilleira en Galicia en xullo de 1948 asumiu a tarefa da reorganización da guerrilla sobre a base das consignas comunistas e iniciou un proceso de militarización, o que o levou a enfrontamentos cos enlaces e a rede de apoios, mesmo con acusacións de ser un infiltrado. Pouco despois de asumir formalmente a xefatura da guerrilla e a secretaría xeral do Comité Rexional do PCE en marzo de 1949 foi denunciado por Francisco Cano Román, un garda civil infiltrado no seo da guerrilla, morrendo o 22 de xuño de 1949 a mans da Garda Civil en Penacova, na parroquia de Remesar (Bóveda), xunto con Bernardo Álvarez Trabajo; un terceiro compoñente do grupo, Elías López Armesto, resultou malferido e morreu días despois. Foi substituído na secretaría do Comité Rexional por José Sevil.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 64. ISBN 84-8485-231-8.
- Serrano, Secundino (2020). Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista. Madrid: Temas de Hoy.