Saltar ao contido

Remesar, Bóveda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Remesar
Vista do lugar de Remesar.
ConcelloBóveda[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°40′13″N 7°31′48″O / 42.6702105, -7.529932
Poboación43 hab. (2019)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xoán de Remesar é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 53 habitantes (33 mulleres e 20 homes), distribuídos nas entidades de Augalevada, A Fontaíña, Ourille, Penacova, A Portaxe e Remesar, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 69 habitantes.

Limita coas parroquias de Castro de Rei de Lemos ao noroeste, Vilarbuxán ao nordés e leste, Rubián, Teilán e Martín ao sur, e A Broza ao oeste.

A primeira referencia a Remesar, aparece nun documento da Catedral de Lugo, do ano 891, no que se cita como lugar do Val de Lemos. Posteriormente, Juan de Padromao abade de Castro de Rei, fai carta de foro, no 1502, sobre varias casas e herdanzas desta parroquia.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial data do século XVII. Trátase dun edificio con dúas naves, de planta rectangular e muros de cachotería de xisto enlucidos, con cuberta de madeira e xisto a dúas augas.

Na Portaxe sitúase a capela da Virxe das Dores, do século XVIII aínda que moi reformada. Na mesma aldea consérvanse tamén restos do muíño do Fidalgo.

Destaca en Penacova, a ferrería do mesmo nome, da que hai unha primeira referencia no ano 1780. Presenta un bo estado de conservación, conservando a fragua, o mazo, os foles, a maquinaria hidráulica en xeral en funcionamento grazas a súa restauración. No mesmo lugar está o muíño de Penacova, tamén ben conservado.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Remesar

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Remesar no concello de Bóveda (provincia de Lugo)

Augalevada | A Fontaíña | Ourille | Penacova | A Portaxe | Remesar

Parroquias de Bóveda

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Bóveda

Bóveda (San Martiño) | Freituxe (Santiago) | Guntín (San Cristovo) | Martín (San Cristovo) | Mosteiro (San Paio) | Remesar (San Xoán) | Ribas Pequenas (Santiago) | Rubián (Santiago) | San Fiz de Rubián (San Fiz) | Teilán (Santa Baia) | Tuimil (Santa María) | Ver (San Vicenzo) | Vilalpape (San Bartolomeu) | Vilarbuxán (San Bartolomeu)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]