Saltar ao contido

Freituxe, Bóveda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Freituxe
ConcelloBóveda[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°37′10″N 7°25′38″O / 42.619496, -7.427147
Poboación20 hab. (2019)
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Freituxe é unha parroquia do concello de Bóveda, na provincia de Lugo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 28 habitantes (18 homes e 10 mulleres), distribuídos nas entidades de Covelo, Freituxe e A Vila, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 41 habitantes e ao ano 1991 cando tiña 51 habitantes.

Limita coas parroquias de Laiosa ao norte, Piño ao sur, Canedo e A Ferreirúa ao leste, e Guntín e Mosteiro ao oeste.

A primeira vez que se fai referencia a Freituxe, é no testamento maior do Bispo Odoario, no que aparece como Villa Fructuosi, no ano 747. Con posterioridade a esta data, sendo abade Lope de Barrera, o beneficio de Freituxe pasa a depender do Mosteiro de Samos.

Patrimonio artístico

[editar | editar a fonte]
  • A igrexa parroquial data do s. XVII. Edificio de planta rectangular e muros de cachotería, en lousa e algunha cuarcita, enlucidos. A cuberta, a dúas augas, é de madeira e lousa. Atravesando un arco de medio punto peraltado, accédese, dende a nave, á capela maior, tras da que está a sancristía. Espadana de dous vans, realizada en granito, sobre o frontis.
  • Casa do Priorado, que conserva o escudo da Abadía de Samos esculpido en mármore, representando, dentro dun campo ovalado, unha man con espada e outra con palma.

Festividades

[editar | editar a fonte]
  • Festas de la Inmaculada, en maio.[2]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Freituxe

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Freituxe no concello de Bóveda (provincia de Lugo)

Covelo | Freituxe | A Vila

Parroquias de Bóveda

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Bóveda

Bóveda (San Martiño) | Freituxe (Santiago) | Guntín (San Cristovo) | Martín (San Cristovo) | Mosteiro (San Paio) | Remesar (San Xoán) | Ribas Pequenas (Santiago) | Rubián (Santiago) | San Fiz de Rubián (San Fiz) | Teilán (Santa Baia) | Tuimil (Santa María) | Ver (San Vicenzo) | Vilalpape (San Bartolomeu) | Vilarbuxán (San Bartolomeu)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]