Teilán, Bóveda
Teilán | |
---|---|
Teilán | |
Concello | Bóveda[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°39′02″N 7°30′14″O / 42.65055375, -7.50376869 |
Poboación | 161 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Baia de Teilán é unha parroquia do concello de Bóveda, na provincia de Lugo. Limita coas parroquias de Remesar ao norte, Rubián ao leste, Bóveda ao sur e Martín ao oeste.
Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 224 habitantes (123 mulleres e 101 homes), distribuídos en dez entidades, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 295 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]No ano 1402 o abade de Castro de Rei de Lemos, Enrique Martínez, afora a Diego López de Somoza o lugar de Carballedo desta parroquia. Anos despois, no 1474 Frai Juan de Aián, fai foro a Leonor Afonso de Castroferos do Casal de Carballedo.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- A igrexa de Santa Baia de Teilán, do século XVII, ten planta rectangular e muros de cachotaría de xisto, con cuberta a dúas augas e madeira de xisto. Accédese á capela maior mediante un arco de medio punto, e ten pegada, ó sur a sancristía.
- Pazo da Ribeira, no lugar da Ribeira. A fachada da casa ten varias inscricións. A que aparece debaixo do escudo fai referencia á liñaxe dos señores e di así:
LOS RIBAS DE NEIRA CREIERON / AL APOSTOL ¿tan? DE VERAS / QUE POR LA FE MERECIERON / LA CRUZ CON CINCO BENERAS / Y POR HONRA NO PAREXA / POR SER DE LINAGE CLARO / LES DIERON LA CRUZ BERMEXA / EN CAMPO VERDE ESMALTADA.
A que aparece sobre o escudo leva o lema: BIZCAINOS PONEN ARMAS / CASTILLOS Y ALABARDAS.
Por último, na porción de fachada á que se accede pola portada central figura a seguinte: HIZO ESTA CASA PO / SEYENDO SVS BINCV / LOS Y MAYORAZGOS / DON DIEGO ANTONIO R / IVADENEYRA Y PARDO / AÑO DE = 1806-.
- Casa da Torre, tamén na Ribeira. A esta casa pertence unha imaxe de Santa Baia conservada no Pazo da Ribeira, polo que esta construción puido ser a casa orixinal do Pazo antes de se construír o actual.
Consérvanse varios muíños antigos, como o da Chousa en Souto ou o muíño do Sancho en Vales.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Teilán
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Teilán no concello de Bóveda (provincia de Lugo) | |
---|---|
A Chá | A Cortella | A Estación | A Modorra | A Parrocha | O Reguengo | A Ribeira | Souto | O Toxedo | Vales |