Saltar ao contido

Rubián, Bóveda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santiago de Rubián
ConcelloBóveda[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°39′15″N 7°28′39″O / 42.654178, -7.477509
Poboación281 hab. (2020)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Rubián é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda. Segundo o padrón municipal de 2020 tiña 281 habitantes (133 mulleres e 148 homes), distribuídos en cinco entidades, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 354 e en 1999 cando tiña 366 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Limita coas parroquias de Remesar, Vilarbuxán e San Fiz de Rubián ao norte, Bóveda ao sur, San Fiz de Rubián e Tuimil ao leste, e Teilán polo oeste.

A nota máis antiga desta parroquia aparece nun documento da Catedral de Lugo, datado o 17 de novembro de 1202.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
  • Igrexa de Santiago de Rubián do século XVIII, ten planta rectangular. A capela maior, diferenciada en planta da nave por ser máis estreita, antecédea un arco de medio punto en granito, e ten a sancristía apegada.
  • Capela do Ecce Homo, do s.XVIII. Trátase dun edificio de planta en T, con muros de cachotería en lousa. A nave, con cuberta a dúas augas en madeira e lousa, comunica coa capela maior, diferenciada desta en planta e alzado e con cuberta a catro augas, por un arco de medio punto.

As festas parroquiais celébranse o 15 de setembro na honra ó Ecce Homo.

Rubián ten un equipo de fútbol, a Sociedad Deportiva Rubián, que na tempada 2018/19 xoga na Terceira Autonómica de Galicia. Xoga os seus partidos no Campo do Poste.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Santiago de Rubián

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Rubián no concello de Bóveda (provincia de Lugo)

A Calle | Campo do Muro | A Eirexa | Pacio do Río | Rubián

Parroquias de Bóveda

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Bóveda

Bóveda (San Martiño) | Freituxe (Santiago) | Guntín (San Cristovo) | Martín (San Cristovo) | Mosteiro (San Paio) | Remesar (San Xoán) | Ribas Pequenas (Santiago) | Rubián (Santiago) | San Fiz de Rubián (San Fiz) | Teilán (Santa Baia) | Tuimil (Santa María) | Ver (San Vicenzo) | Vilalpape (San Bartolomeu) | Vilarbuxán (San Bartolomeu)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]