Saltar ao contido

Vilalpape, Bóveda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vilalpape
Igrexa parroquial.
ConcelloBóveda[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°35′14″N 7°29′51″O / 42.58725128, -7.49739912
Poboación34 hab. (2019)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

San Bartolomeu de Vilalpape é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 48 habitantes (24 mulleres e 24 homes), distribuídos en cinco entidades, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 64 habitantes.

Limita coas parroquias de Martín e Ver polo norte, O Chao do Fabeiro e Valverde polo sur, Ribas Pequenas polo leste e O Chao do Fabeiro polo oeste.

No ano 1221, o reguengo de Vilalpape foi cedido, por Afonso IX, ó mosteiro de Castro de Rei de Lemos. En 1522 os habitantes de Vilalpape presentan vasalaxe ó abade de Montederramo.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial, do século XVII, ten planta rectangular, con muros de cachotería de lousa e cuberta a dúas augas feita en madeira e lousa. No seu alzado norte levantouse a sancristía. Hai cruceiros en Vilalpape e Marzán.

As festas parroquiais celébranse o 24 de agosto na honra á San Bartolomeu.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Vilalpape

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Vilalpape no concello de Bóveda (provincia de Lugo)

Agüela | As Folguedas | Marzán | Val de Miotos | Vilalpape

Parroquias de Bóveda

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Bóveda

Bóveda (San Martiño) | Freituxe (Santiago) | Guntín (San Cristovo) | Martín (San Cristovo) | Mosteiro (San Paio) | Remesar (San Xoán) | Ribas Pequenas (Santiago) | Rubián (Santiago) | San Fiz de Rubián (San Fiz) | Teilán (Santa Baia) | Tuimil (Santa María) | Ver (San Vicenzo) | Vilalpape (San Bartolomeu) | Vilarbuxán (San Bartolomeu)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]