Mosteiro, Bóveda
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Mosteiro.
Mosteiro | |
---|---|
Concello | Bóveda[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°37′04″N 7°26′26″O / 42.61776, -7.440598 |
Poboación | 8 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Paio de Mosteiro é unha parroquia de Bóveda na provincia de Lugo. Segundo o padrón municipal de 2019 tiña 7 habitantes (5 mulleres e 2 homes), concentrados en 1 entidade de poboación co mesmo nome, Mosteiro, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 14 habitantes e sobre todo ao ano 1991 cando tiña 39 habitantes. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Linda ó norte con Guntín, ó sur con Ribas Pequenas e Piño, ó leste con Freituxe e, ó oeste con Ver.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- A igrexa parroquial data do século XVII, sendo a súa planta rectangular, construída en muros de cachotería de lousa. Mediante un arco de medio punto rebaixado accédese á capela maior, a distinta altura ca nave. Parece ser que na súa orixe contaba cun pórtico columnado que rodeaba toda a igrexa.
Posiblemente houbese no lugar un mosteiro beneditino, ó cal debería o seu nome esta parroquia.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Mosteiro
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Mosteiro no concello de Bóveda (provincia de Lugo) | |
---|---|