Saltar ao contido

Bernardo Álvarez Trabajo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBernardo Álvarez Trabajo
Biografía
Nacemento1915 Editar o valor en Wikidata
Bembibre, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xuño de 1949 Editar o valor en Wikidata (33/34 anos)
Penacova, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTeilán Editar o valor en Wikidata
Outros nomesGasta Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 357

Bernardo Álvarez Trabajo, Gasta, nado en Bembibre en 1915 e finado en Penacova (Bóveda) o 22 de xuño de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Durante a guerra civil española, realizando o servizo militar na provincia de Cádiz, foi detido por falanxistas e ingresou na prisión de El Puerto de Santa María. Foi condenado a morte e posteriormente amnistiado. Converteuse en enlace da guerrilla leonesa, e en febreiro de 1948 incorporouse á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. En 1949 foi ferido nunha perna nun tiroteo coa Garda Civil preto de Ocero (Sancedo), conseguiu escapar e fuxiu cara aos montes de Remesar.

Formaba parte do grupo de Manuel Fernández Soto con Elías López Armesto cando foron denunciados por Francisco Cano Román, un garda civil infiltrado no seo da guerrilla. Morreu o 22 de xuño de 1949 a mans da Garda Civil en Penacova, na parroquia de Remesar (Bóveda), xunto con Manuel Fernández Soto; Elías López resultou malferido e morreu días despois. Foron soterrados no cemiterio de Teilán.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]