Adolfo Allegue Allegue
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1919 Grandal, España |
Morte | 31 de outubro de 1949 (30 anos) Pazos, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | maquis, carpinteiro |
Partido político | Partido Comunista de España |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Adolfo Cipriano Allegue Allegue, coñecido como Riqueche, nado en Grandal (Vilarmaior) o 19 de febreiro de 1919 e finado en Monfero o 31 de outubro 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Exerceu como carpinteiro en Vilarmaior. Pasou polo cárcere entre 1941 e 1943. En 1946 ingresou no Partido Comunista de España e actuou como enlace da guerrilla. Foi reclamado polo xuíz militar da Coruña en setembro de 1948 encartado na causa 36/46 xunto con Diego Romero Jiménez, Benigno Fraga Pita, Segundo Vilaboy Martínez, Carlos Allegue Caruncho, Antonio Tenreiro Leira e Jesús Calvo García.[1]
En 1948 botouse ao monte e liderou o destacamento Arturo Cortizas pertencente á IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia que actuaba na época no norte da provincia da Coruña. En 1949 o destacamento trasladouse aos concellos de Vilarmaior, Pontedeume e Monfero. Foi reclamado polo xuíz militar de Ferrol en setembro de 1949 encartado na causa 190/49 por atraco a man armada en Monfero o 31 de maio dese ano xunto con Francisco Paz Fornos e Francisco Martínez Leira.[2] Morreu cos seus compañeiros Antonio López Arias, José Chao Rouco, José Temblás Paz, Juan Freire Barcia, Rogelio Alonso Carral e José Remuiñán Barreiro, nun enfrontamento coa Garda Civil en Pazos (San Fiz de Monfero) o 31 de outubro de 1949.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOE, 22-9-1948, p. 2154.
- ↑ BOE, 2-9-1949, p. 1863.
- ↑ La Voz de Galicia, 1-11-1949, p. 2.
- ↑ "Siete bandoleros muertos en un tiroteo con la Guardia Civil, en Pazos", El Correo Gallego, 1-11-1949, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Domínguez Ferro, Manuel; Sobrino Ceballos, Juan J. (2004). "Riqueche. Vida e morte dun guerrilleiro antifranquista" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (11): 125–156. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 16 de marzo de 2017.
- Heine, Hartmut (1982). A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-085-X.
- Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-320-4.
- Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 88–95. ISBN 978-84-1176-172-7.
- Otero Roberes, Carmen; Sobrino Ceballos, Juan; Domínguez Ferro, Manuel (2001). "Fuxidos na fraga. Episodios da guerrilla antifranquista nas terras do Eume" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (8): 205–235. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2011. Consultado o 31 de decembro de 2018.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 32–33. ISBN 84-8485-231-8.