Saltar ao contido

Francisco Paz Fornos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Paz Fornos
Biografía
Nacemento1916 Editar o valor en Wikidata
Laraxe, España Editar o valor en Wikidata
Mortemaio de 1951 Editar o valor en Wikidata (34/35 anos)
Fiúnte, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Outros nomesPaco Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata

Francisco Paz Fornos, coñecido como Paco, nado en Laraxe (Cabanas) cara a 1916 e finado en Fiúnte (Cabalar, A Capela) en maio de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Francisco Paz e Manuela Fornos. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu expediente de responsabilidades políticas en 1943.[1] Reclamado polo xuíz militar de Santiago de Compostela en novembro de 1948 procesado na causa 546/48 xunto con José María Castelo Mosquera, Manuel Ramiro Souto e Emilio Pérez Vilariño.[2][3] Participou en varios golpes económicos como o do 22 de marzo de 1949 na casa de Ramón Leira balsa na Mediña ou o do 31 de maio na casa de Hermenegildo Sanjuan Varela con Pancho e Riqueche. Estivo presente no axustizamento da guerrilleira Josefa Ramiro Santos. Volveu ser reclamado polo xuíz militar da Coruña en xullo de 1949 encartado na causa 201/49 xunto con Francisco Martínez Leira,[4] e polo de Ferrol en setembro de 1949 encartado na causa 190/49 por atraco a man armada en Monfero o 31 de maio dese ano xunto con Adolfo Allegue Allegue e Francisco Martínez Leira.[5] Enfermo, finou na cova refuxio de Fiúnte a finais de maio de 1951.

  1. BOE, 22-2-1943, p. 703.
  2. La Noche, 17-11-1948, p. 3.
  3. Faro de Vigo, 19-11-1948, p. 4.
  4. La Voz de Galicia, 16-11-1949, p. 2.
  5. BOE, 2-9-1949, p. 1863.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]