José Chao Rouco
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Lugo, España |
Morte | 31 de outubro de 1949 Pazos, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Outros nomes | Benita |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Membro de | |
José Chao Rouco, coñecido como Benita, nado en Lugo e finado en Pazos (Monfero) o 31 de outubro de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Enlace da guerrilla, incorporouse en 1947 ao destacamento Arturo Cortizas da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia liderado por Adolfo Allegue Allegue. Morreu nun enfrontamento armado coa Garda Civil en Pazos (San Fiz de Monfero) cos seus compañeiros Adolfo Allegue Allegue, Antonio López Arias, José Temblás Paz, Juan Freire Barcia, Rogelio Alonso Carral e José Remuiñán Barreiro o 31 de outubro de 1949.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Otero Roberes, Carmen; Sobrino Ceballos, Juan; Domínguez Ferro, Manuel (2001). "Fuxidos na fraga. Episodios da guerrilla antifranquista nas terras do Eume" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (8): 205–235. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2011. Consultado o 19 de novembro de 2021.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Do Castro, ed. Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada. p. 51. ISBN 84-8485-231-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cilia Torna (29 de outubro de 2019). "Os sete mártires de Pazos". Nós Diario.