Raúl Castro Cao
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1914 Arxentina |
Morte | 20 de xaneiro de 1949 (34/35 anos) Vilarchao, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Outros nomes | Arxentino |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Raúl Castro Cao, coñecido como Arxentino, nado na Arxentina en 1914[1] e finado en Coles o 20 de xaneiro de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na Arxentina de pais galegos, volveu coa nai e os seus irmáns ao concello de Coles. Traballou como albanel a xornal para a condesa de Lagariños e despois no seu taller. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse e permaneceu entobado até 1943. Logo entrou na loita antifranquista da man do PCE. Con José María Saavedra Díaz organizou os refuxios guerrilleiros no val do Miño. En 1946 era responsable político e instrutor militar da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Instalou a súa base nunha casa da Edreira (Montederramo), na Serra de San Mamede. Escapou a un enfrontamento coa Garda Civil en novembro de 1948.
O 20 de xaneiro de 1949 caeu morto nun enfrontamento coa Garda Civil en Vilarchao (Coles) con César González González.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Máiz, Bernardo; op.cit. páx. 168
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bernardo Máiz (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-320-4.