Manuel Díaz Pan
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1917 San Pedro de Nós, España |
Morte | 21 de abril de 1947 (29 anos) O Fontao, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Familia | |
Irmáns | José María Díaz Pan |
Manuel Díaz Pan, coñecido como Rogelio, nado en San Pedro de Nós (Oleiros)[1] o 18 de outubro de 1917 e finado en Frades o 21 de abril de 1947, foi un guerrilleiro galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de José María Díaz Pan. Afiliado ao Sindicato Único del Ramo de la Construcción da CNT coruñesa. Participou na guerra co exército sublevado. Incorporouse á guerrilla en 1946 no Destacamento Manuel del Río Botana da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia que encabezaba Manuel Ponte Pedreira, da que foi comisario político. Por mor dunha delación, a Garda Civil cercounos no Fontao (Abellá, Frades) e morreu no enfrontamento xunto con Manuel Ponte e Manuel Rodríguez Suárez.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Astray Rivas, Manuel (1992). Síndrome del 36 - La IV Agrupación del Ejército Guerrillero de Galicia. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-584-3.
- Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 197–201. ISBN 978-84-1176-172-7.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 55. ISBN 84-8485-231-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]