Ahmed Ben Bella
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de decembro de 1916 ![]() Maghnia (pt) ![]() ![]() |
Morte | 11 de abril de 2012 ![]() Alxer ![]() |
Presidente de Alxeria | |
15 de setembro de 1963 – 19 de xuño de 1965 ← Ferhat Abbas (pt) ![]() ![]() | |
Minister of Foreign Affairs of Algeria (en) ![]() | |
11 de abril de 1963 – 4 de setembro de 1963 ← Mohamed Khemisti – Abdelaziz Bouteflika → ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Sunnismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, futbolista ![]() |
Partido político | Movement for Democracy in Algeria (en) ![]() Frente de Libertação Nacional (pt) ![]() Algerian People's Party (en) ![]() ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra de Alxeria segunda guerra mundial ![]() |
Nacionalidade deportiva | Francia ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Zohra Sellami ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, ![]() Africa: An Encyclopedic Reference, (vol:1) ![]() |
Mohamed Ahmed Ben Bella, nado o 25 de decembro de 1916 en Maghnia e finado o 11 de abril de 2012 en Alxer, foi un político alxeriano. Foi o primeiro presidente de Alxeria.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha pequena vila no oeste do país, medrou nunha familia sufí. Serviu no exército francés entre 1943 e 1945, a partir de 1946 organizou grupos armados secretos de carácter independentista. Detido en 1950 fuxiu do cárcere en 1952 e dous anos despois participou na organización do levantamento alxeriano, foi un dos fundadores da Fronte de Liberación Nacional (FLN).
En 1956, Ben Bella sobreviviu a dous atentados e nese ano as autoridades militares francesas préndeno tras secuestrar o avión de liña no que viaxaba, posto en liberdade en 1962, ano da independencia alxeriana. Elixido presidente en 1963, encamiñando o país cara a unha economía socialista pero rompendo coa Unión Soviética, procurando unha vía alxeriana ao socialismo e que influíu fortemente nos movementos de liberación nacional da década do sesenta e setenta.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ahmed Ben Bella ![]() |