Abdelaziz Bouteflika
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Abdelaziz Bouteflika (عبجد العزيز بوتفليقة), nado en Marrocos o 2 de marzo de 1937 e finado en Alxer o 17 de setembro de 2021, foi un político alxeriano, Presidente do seu país dende o 27 de abril de 1999 ata o 2 de abril de 2019.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comeza estudos de filosofía, pero interrómpeos para se unir á FLN e o Exército de Liberación Nacional. Foi un dos líderes da Guerra de Independencia Alxeriana, e cando Alxeria obtivo a independencia en 1962 converteuse en ministro de deportes e mocidade. En 1963 asumiu a carteira de exteriores e membro da Asemblea Lexislativa. Durante a súa época en exteriores, Alxeria, converteuse nun dos líderes dos países non aliñados. Dimitiu en 1979 e entre 1981 e 1983 exiliouse ao ser acusado de corrupción.
En 1999 presentouse como candidato á presidencia, saíu elixido co 74% dos votos e en 2004 presentouse de novo, obtendo o 83% dos votos. Gañou tamén as seguintes dúas eleccións, en 2009 e 2014. En 2019 anunciou que se presentaría a un quinto mandato, o que provocou unhas protestas masivas por todo o país que duraron varias semanas. Finalmente o 2 de abril anunciou a súa dimisión.[1]
Retirado nunha residencia de anciáns logo da súa renuncia política, a nova da súa morte foi anunciada o 17 de setembro de 2021.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Buteflika fai efectiva a súa dimisión ante a ameaza de inhabilitación". Faro de Vigo. 3 de abril de 2019. Consultado o 4 de abril de 2019.
- ↑ "Abdelaziz Bouteflika, ancien président de l'Algérie, est mort à l'âge de 84 ans". Franceinfo (en francés). 2021-09-18. Consultado o 2021-09-18.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Abdelaziz Bouteflika |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |