Ai Weiwei
Ai Weiwei (en chinés: 艾未未, en pinyin: Ài Wèiwèi), nado en Pequín o 28 de agosto de 1957 é un artista e activista chinés.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Nado en 1957, é fillo dun poeta chinés comunista, pero logo enfrontado co réxime de Mao e non se lle permitía vivir no mesmo sitio durante moito tempo, polo que tiñan que mudarse cada certo tempo.
Obra
[editar | editar a fonte]Ai colaborou cos arquitectos suízos Herzog & de Meuron como asesor artístico do Estadio Nacional de Pequín para os Xogos Olímpicos de 2008.[2] Como activista político, é abertamente crítico coa postura do Goberno chinés sobre democracia e dereitos humanos. Investigou a corrupción e os encubrimentos do goberno, en particular no escándalo de corrupción das escolas de Sichuan que seguiu ó Terremoto de Sichuan de 2008.[3] No 2011, despois de ser arrestado no Aeroporto Internacional de Pequín-Capital o 3 de abril, estivo detido durante 81 días sen cargos oficiais, aludindo os funcionarios a denuncias de "delitos económicos"[4], tras a devolución do seu pasaporte en 2015, Ai trasladouse a Berlín onde mantivo un grande estudio nunha antiga fábrica de cervexa. Viviu no estudio e utilizouno como base para o seu traballo internacional. Ai forma parte do Consello de Asesores do Comité para a Liberdade de Hong Kong (CFHK).
Foi o autor da película documental Coronation, filmada en Wuhan durante o confinamento[5] debido a ser primeira cidade no mundo en ser atinxida pola pandemia de COVID-19.[6]
Vida en Europa
[editar | editar a fonte]En 2019, anunciou que deixaría Berlín, dicindo que Alemaña non é unha cultura aberta. En setembro de 2019 mudouse a vivir a Cambridge, Inglaterra.[7]
A partir de 2021, Ai Wei Wei vive en Montemor-o-Novo, Portugal. De xullo de 2021 ao 6 de febreiro de 2022 expuxo obra no Museu Serralves do Porto (tamén no Parque, até xullo de 2022).[8]
Aínda mantén unha base en Cambridge, onde o seu fillo asiste á escola, e un estudo en Berlín. Ai dixo que permanecerá en Portugal a longo prazo "a non ser que suceda algo".[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cooper, Rafi (6 de xullo de 2008). The Observer, ed. "Cultural revolutionary". UK. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2008. Consultado o 6 de xullo de 2008.
- ↑ BBC News, ed. (3 de marzo de 2005). "China's New Faces: Ai Weiwei". Consultado o 26 de abril de 2010.
- ↑ Osnos, Evan, "It's Not Beautiful", The New Yorker, 24 de maio de 2010 pp.54–63.
- ↑ Wong, Edward (7 de abril de 2011). The New York Times, ed. "Chinese Defend Detention of Artist on Grounds of ‘Economic Crimes’". Consultado o 22 de setembro de 2013.
- ↑ Ai Weiwei em entrevista exclusiva esta sexta-feira ao Ípsilon: “A China é como um vírus”, por Alexandra Prado Coelho, Publico, 2 de Setembro de 2020, 20:12
- ↑ O novo filme de Ai Weiwei é um retrato da covid-19 em Wuhan, onde tudo começou, por Daniel Dias, Publico, 23 de Agosto de 2020, 17:30
- ↑ "Ai Weiwei über Berlins Veränderungspläne: Deutschland ist keine offene Gesellschaft (Ai Weiwei sobre plans de mudanza de Berlin: Alemaña non é unha sociedade aberta)". Der Spiegel. 9 de agosto de 2019. Consultado o 9 de agosto de 2019.
- ↑ "AI WEIWEI: ENTRELAÇAR". www.serralves.pt (en portugués). Consultado o 2022-04-07.
- ↑ Demony, Catarina; Escritt, Thomas (4 marzo 2021). "Do novo A casa portuguesa, Ai Weiwei planea homenaxear ao "visionario" Gorbachov". Reuters. Consultado o 5 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Du Bin (2012). Shuo yuan shu she, ed. God Ai (艾神). Xianggang. ISBN 9789881644213.
- Laura Murray Cree, ed. (abril de 2009). Ai Weiwei: Under Construction. Sidney: University of New South Wales Press. ISBN 978-1-921410-73-4.
- Smith, Karen; Obrist, Hans Ulrich; Fibicher, Bernard (2 de abril de 2009). Phaidon Press, ed. Ai Weiwei. ISBN 978-0-714848-89-1.
- Tinari, Philip; Merewether, Charles (2 de agosto de 2008). Urs Meile, Peter Pakesch, Ai Weiwei, ed. Ai Weiwei: Works 2004–2007. JRP Ringier. ISBN 978-3-905829-27-3.
- Ai, Weiwei (2 de abril de 2007). Chen Weiqing, ed. Ai Weiwei: Fragments Beijing 2006. Timezone 8. ISBN 978-988-99015-3-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)