Aid
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Aida Alonso Iglesias 28 de marzo de 1990 (34 anos) Vigo, España |
Outros nomes | Aid |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | rapeira, artista discográfico |
Período de actividade | 2003 - |
Xénero artístico | Música hip hop |
Instrumento | Voz |
Sitio web | aid.gl |
Aida Alonso Iglesias, chamada artisticamente Aid, nada en Vigo en 1990, é unha rapeira galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a actuar con quince anos en pequenos locais de Vigo e Vilagarcía, acompañada doutros MCs e tamén en solitario. En 2007 colaborou con El Puto Coke e gravou o seu primeiro álbum en solitario. En 2008 fixo o seu debut internacional en Lisboa. Estudante de Telecomunicacións na Universidade de Vigo, en outubro de 2008 gañou o premio Heineken Greenspace, para intérpretes musicais novos de toda España.
Ten elaborado obradoiros de hip hop en centros culturais e de ensino galegos e traballado como locutora e reporteira en medios locais da súa cidade.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Aquí tenéis (2007), 12Pross.
- Licor Kafé (2008), obra colectiva con Wöyza e 040.
- Jugando (2009)[1]
- Hacer lo que quiero (2013).
Libro-CD
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dende Vigo chega Aíd, a voz dunha xeración, Vieiros, 11/2/2009