Saltar ao contido

Aida Folch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAida Folch

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de novembro de 1986 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Reus, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor en Wikidata -

Sitio webaidafolch.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1007012 Rottentomatoes: celebrity/aida_folch Allmovie: p308441 TCM: 1575583
Facebook: aida.folch Twitter: AidaFolch1 BNE: XX4873546 Dialnet: 3132508 Editar o valor en Wikidata

Aida Benítez Folch, nada en Reus (Tarragona) o 24 de novembro de 1986, coñecida como Aida Folch, é unha actriz española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Desde pequena cursaba teatro na escola nunha compañía chamada Llop's teatre como actividade extraescolar. Tamén os sábados estudaba interpretación no centre de Lectura de Reus. Alí descubriría que a súa paixón era actuar. En 1998 apuntouse nunha axencia de publicidade onde viaxaba de Reus a Barcelona para facer audicións para anuncios de televisión, pero a súa primeira oportunidade chegoulle no ano 2000, cando foi a elixida entre 3 000 nenas de todo o país para protagonizar a produción española El embrujo de Shangai, do gañador do Óscar Fernando Trueba. Tiña catorce anos e pouco tempo despois Fernando León de Aranoa elíxea tamén para a premiada película Os luns ó sol.

Despois intervén en Aquitania, La mirada violeta, Fin de curso, Salvador, Las vidas de Celia e 25 kilates, entre outras. Tamén traballa en telefilmes como Con el 10 en la espalda, Inocentes, No estás sola, Sara, Morir en 3 actes ou Volveremos. En 2008 dáse a coñecer co personaxe de Françoise na exitosa serie Cuéntame cómo pasó.

Traballou no estranxeiro coa superprodución histórica Henri 4, un filme alemán de Jo Baier e en Mi universo en minúsculas, unha produción mexicana.

En 2012 protagoniza El artista y la modelo, de Fernando Trueba, unha película rodada integramente en francés onde traballa con Jean Rochefort e Claudia Cardinale.

Premios e candidaturas

[editar | editar a fonte]
Premios Goya
Ano Categoría Película Resultado
2012 Mellor interpretación feminina protagonista El artista y la modelo Pendente

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]